Desenrolado por coroa.es
O Grupo do Partido Popular de Maside ven de coñecer o auto de execución forzosa que con data 17 de abril de 2023 ditou o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense "en virtude da Sentencia ditada o 10 de novembro de 2021, na que se anulaba a licencia de obra Nº7 do Concello de Maside e se condenaba o derribo de todo o construido ó amparo da mesma".
Neste Auto de execución forzosa o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense acordou ordear -indican os populares- ó Concello de Maside a executar a Sentencia firme de novembro de 2021 pola que se anula a licencia de obra Nº7 do Concello. Acordou tamén que se poidan adotar as medidas necesarias para a súa efectividade, así como a posibilidade de impoñerlle multas coercitivas de 150 a 1500€ ó alcalde. Por último, acorda tamén a posibilidade de deducir testemuño de particulares e “esixir responsabilidades penales” a quen lle correspondan, según poñen de manifesto desde o Partido Popular.
O voceiro popular na corporación masidá, Nacho Campo, resalta que “o alcalde foi coñecedor en todo momento de que a súa actuación non se axustaba a dereito xa que era ó mesmo tempo, redactor do proxecto, director da obra, firmante da licencia de obra anulada e por descontado alcalde do Concello de Maside.”
Asemade, os populares din sentir "un gran pesar polo desenlace deste caso no que un veciño vai a sufrir as consecuencias dunha actuación neglixente tanto no legal coma no moral levada a cabo polo alcalde.”
O Grupo do Partido Popular de Maside presentou na mañá deste xoves, unha petición de "dimisión automática e o recoñecemento dos feitos por parte do alcalde".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pide-dimision-do-alcalde-de-maside-polas-sua-actuacion-cunha-licenza-de-obra
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pide-dimision-do-alcalde-de-maside-polas-sua-actuacion-cunha-licenza-de-obra
[3] whatsapp://send?text=O Partido Popular pide a dimisión do alcalde de Maside polas súa actuación cunha licenza de obra que foi anulada polo xulgado. Os populares aseguran que a propia sentencia
[4] http://www.copecarballino.es/print/62721