Desenrolado por coroa.es
As obras para poñer fin as deficiencias das rúas Caravel e Loureiro, emprazadas no Barrio de Flores, comezaron nos últimos días.
A actuación, que conta cun orzamento que supera os 150.000 euros, según os datos aportados polo concello carballiñés, prevé o acondicionamento dos pavimentos e a renovación da rede de abastecemento destas dúas rúas do casco urbano do Carballiño.
Ademais, levarase a cabo a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova rede e varios sumideiros de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento no caso da auga e de formigón deteriorado no caso do alcantarillado.
Posteriormente, repoñeranse as bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas. O executivo local prevé poñer fin con este proxecto ás deficiencias detectadas nestas dúas vías, no marco do plan de reparacións de infraestruturas viarias que se estende por todo o municipio.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-obras-para-humanizar-ruas-caravel-e-loureiro-do-barrio-de-flores-cun-investimento-que
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-obras-para-humanizar-ruas-caravel-e-loureiro-do-barrio-de-flores-cun-investimento-que
[3] whatsapp://send?text=Comezan as obras para humanizar as rúas Caravel e Loureiro do Barrio de Flores, cun investimento que supera os 150.000 euros http://copecarballino.es/novas/comezan-obras-para-humanizar-ruas-caravel-e-loureiro-do-barrio-de-flores-cun-investimento-que
[4] http://www.copecarballino.es/print/63022