Desenrolado por coroa.es
O do Irixo recórdame a Salomón. Decía a lenda que dúas nais chegaron xunto o rei Salomón con dous fillos, un de eles xa morto e disputábanse ó vivo. Salomón dictaminou que cortaran ó fillo a metade e o repartisen entre as dúas nais. A verdadeira nai aterrorizada e por amor de nai, díxolle o rei que non o matasen e renunciando a él díxolle que llo entregase a outra nai. O resto da historia xa é coñecida.
No Irixo pasou parecido pero partiron o fillo e ainda están con precisión milimétrica, repartindoo equitativamente.
Non estiven na negociaciòn, escoitei a Iago, rogaría que publicase Xuntos polo Irixo as condiciòns exactas do que se ofreceu para que a xente o saiba, pero xa vos digo que hoxe por hoxe quedastes coma ruins, envidiosos, egoistas, desconfiados….quedastes coma un Lito e Gloria máis de turno.
Non se vos ocurra volver a encher a boca con decir que o facedes polas veciñas e veciños de O Irixo e non se vos ocurra volver polas portas de O Irixo a pedilo voto, porque matastes o fillo de tanto repartilo.
Di Iago que ésta sò é unha etapa, que o señor Cerdeira se vota cando se poñan de acordo. Iago este feito vaiche quedar grabado a tí é o teu equipo para o resto da vida.
Chegados a este punto e para finalizar, é tan surrealista que ten que ser mentira. Ten que se haber vendido alguién porque de todo, absolutamente todas as opcións posibles, era a peor con diferencia das que podían facer, sò nunhas mentes cun coeficiente intelectual que tende a cero, ruíns, desconfiadas e egoístas se pode chegar a conclusión que chegaron e que sò beneficia a unha persoa, a Don Manuel Cerdeira.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/salomon-no-irixo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/salomon-no-irixo
[3] whatsapp://send?text=Salomón no Irixo http://copecarballino.es/denunciacidada/salomon-no-irixo
[4] http://www.copecarballino.es/print/63432