Desenrolado por coroa.es
O centro sociocomunitario do Carballiño despedíu curso coa celebración cun festival que se celebraba este pasado dia 16 no auditorio do Carballiño, agora da conta de que ampliamos moi significativamente a oferta de actividades programadas para este verán onde a maiores das actividades físico deportivas: Ximnasia (2 grupos), Ioga (2 grupos) Pilates e Cachibol, abrimos inscrición, neste caso en colaboración co grupo social ACOLLE, para as seguintes actividades.
TALLER DE CRECEMENTO PERSOAL (autoestima, manexo de emocións) Os venres pola mañá , nos meses de xullo e agosto.
GRUPO DE MARCHA NÓRDICA, martes e xoves, meses de xullo e agosto.
CURSO DE INFORMÁTICA E MÓBILES durante os meses de xullo e agosto, os luns pola mañá.
COSTURA E ARREGLOS, onde terán a disposición unha máquina de coser por participante así como todo o material preciso. Será todos os mércores do verán ás 10:00.
Para máis información, horarios, etc, asi como realizar a inscripción, as persoas interesadas poden achegarse ata o Centro Sociocomunitario do Carballiño, na rúa Julio Rodríguez Soto.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-sociocomunitario-do-carballino-non-para-durante-o-veran-e-anuncia-novas-actividades
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-sociocomunitario-do-carballino-non-para-durante-o-veran-e-anuncia-novas-actividades
[3] whatsapp://send?text=O Centro Sociocomunitario do Carballiño non para durante o verán, e anuncia novas actividades para os meses de xullo e agosto. Consulta aquí o programa. http://copecarballino.es/novas/o-centro-sociocomunitario-do-carballino-non-para-durante-o-veran-e-anuncia-novas-actividades
[4] http://www.copecarballino.es/print/63470