Desenrolado por coroa.es
Todo está preparado para "1809 A Batalla" , a festa históricia que teatraliza os feitos acontecidos o dia 2 de marzo de 1089 na ponte da Cruz de Pazos de Arenteiro en plena guerra da independencia eque vai celebrarse esta fin de semana, sábado e domingo, cun amplo e actractivo programa de actividades para tódalas idades, e que repasamos ao detalle coa axuda de María e Agustín, integrantes da asociación organizadora.
Nesta visita ao concello de Boborás falamos con promotores de proxectos singulares que xa son unha realidade neste concello nos sectores agrícola e gandeiro, en concreto sabemos dun proxecto que combina a producción apícola coa plantación de maceiras nas 22 hectáreas do monte comunal de Ventosa, delo falamos con Daniel Caíña. E tamén conversamos con Juan Fraga, que trouxo a súa explotación gandeira a aldea modelo do Penedo de Xuvencos, e na que recupera ao porco silleiro, unha raza autóctona.
E por suposto, neste programa especial dos venres de verán, que presentamos desde a casa do concello de Boborás, conversamos coa súa alcaldesa Patricia Torres. No arquivo de audio adxunto podes escoitar todas as entrevistas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-protagonistas-de-1809-batalla-alcaldesa-patricia-torres-e-emprendedores-de-proxectos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-protagonistas-de-1809-batalla-alcaldesa-patricia-torres-e-emprendedores-de-proxectos
[3] whatsapp://send?text=Os protagonistas de
[4] http://www.copecarballino.es/print/63526