Desenrolado por coroa.es
A Feira da Pepa Loba despedíuse na tardiña deste domingo cunha das novidades da edición deste ano, a "Pepa Loba infantil", na que un numeroso grupo de nenas e nenos recrearon as andanzas da famosa bandoleira e a súa gabilla. baixo a dirección artística da agrupación teatral "Dar Trela", que desde fai anos ven colaborando activamente coa asociación de veciñas e amigos de Flores, mantendo viva esta tradición no barrio máis xenuinamente carballiñés.
Como cada ano no setembro previo ás festas patronais, Flores volveu acoller a un bo número de artesáns, asi como as diversas actividades programadas aínda que todo elo bastante condicionado pola inestabilidade meteorolóxica, que trouxo chuvascos e treboadas durante os tres dias da celebración.
A organización dedicou a edición deste 2023 á lembranza de Rosa Núñez Muñoz, veciña deste barrio de Flores e falecida no úlitmo ano, como unha das grandes impulsoras e dinamizadoras tanto da Feira da Pepa Loba como doutras actividades culturais e sociais no propio barrio de Flores.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pepa-loba-infantil-despide-celebracion-no-barrio-de-flores-moi-condicionada-este-ano-pola
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pepa-loba-infantil-despide-celebracion-no-barrio-de-flores-moi-condicionada-este-ano-pola
[3] whatsapp://send?text=A Pepa Loba infantil despide a celebración no barrio de Flores, moi condicionada este ano pola inestabilidade meteorolóxica. http://copecarballino.es/novas/pepa-loba-infantil-despide-celebracion-no-barrio-de-flores-moi-condicionada-este-ano-pola
[4] http://www.copecarballino.es/print/63839