Desenrolado por coroa.es
O tempo está acompañando e propiciando unha boa afluencia de romeiros e romeiras a esta Saleta 2023 no monte de Astureses, neste 19 de setembro que é festivo local no concello de Boborás, aínda que a esta romaría acuden cada ano persoas da practica totalidade dos concellos da comarca carballiñesa.
Familias e pandillas teñen o seu espazo reservado, e as tabernas ambulantes forman un gran comedor ao aire libre nas inmediacións da capela da Nosa Señora da Saleta, que se está quedando pequena durante a xornada pola gran afluencia de devotos, que escoitan misa desde o exterior.
Como se corresponde cun dia de romaría, a xornada está amenizada coa música tradicional dos Biruxes, a charanga Loucost, o dúo estelar e a orquestra Miramar.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/devocion-gastronomia-e-musica-na-romaria-da-saleta-romaria-das-romarias-da-comarca-do
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/devocion-gastronomia-e-musica-na-romaria-da-saleta-romaria-das-romarias-da-comarca-do
[3] whatsapp://send?text=Devoción, gastronomía e música na Romaría da Saleta, a romaría das romarías da comarca do Carballiño http://copecarballino.es/novas/devocion-gastronomia-e-musica-na-romaria-da-saleta-romaria-das-romarias-da-comarca-do
[4] http://www.copecarballino.es/print/63877