Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > PP e PSOE pactan un plan de reparto de fondos anual da Deputación para os concellos, que fixa un orzamento de 17 millóns para 2024. Consulta aquí o que lle corresponderá cada concello.

20, Novembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un plan que “dará estabilidade e seguridade financeira a todos os concellos, que saberán con exactitude as cantidades que van percibir desde o 1 de xaneiro de 2024”, dixo o presidente congratulándose do acordo alcanzado esta mañá. “Un cambio radical no sistema de cooperación cos concellos e no que traballamos desde o primeiro momento, por iso este é un día moi importante”, dixo Luis Menor, presidente da Deputación nunha comparecencia posterior a este anuncio

Na práctica, este segundo aumento supón pasar de 7 a 8 millóns de euros a parte variable do novo modelo de financiamento da Deputación. O próximo ano alcanzaríanse os 17 millóns de euros fronte aos 14 millóns iniciais, xunto cun aumento de 1 millón de euros en 2025. O Plan CooperOU chegaría deste xeito á metade do mandato cunha partida de 18 millóns de euros, mantendo o compromiso dunha revisión á alza nas seguintes dúas anualidades.

Tamén permanecen inalterables os criterios homoxéneos de repartición, cunha parte fixa segundo o número de habitantes de cada concello, e outra parte variable na que se aplicaría o incremento e que se distribúe en base á poboación (50 %); núcleos de poboación (20 %); índice de envellecemento (15 %); e superficie do concello (15 %). Cómpre lembrar tamén outras dúas claves do plan, como son a flexibilidade no destino dos recursos e a simplificación administrativa.

Pola súa parte, o PSOE valora moi positivamente este no plan de reparto de fondos da entidade provincial. O seu portavoz, Alavaro Vila xustificou a discreción seguida pola súa formación durante as negociacións na importancia de “adoptar un plan único máis xusto, dotado de recursos suficientes para garantir unha meirande autonomía dos concellos, que a partir de agora disporán dunhas bases certas sobre as que planificar e organizar os seus proxectos”.

“Alguén se pensa que o PP, que inicialmente puxo sobre a táboa un plan único de financiamento dos concellos de apenas 12 millóns de euros, subiu até algo máis de 17 millóns por iniciativa propia?”, lanzou o portavoz socialista poñendo en valor a estratexia despregada polo seu grupo, que inclúe numerosos encontros, interaccións, propostas e contrapropostas, e “un traballo incesante xa desde o inicio da lexislatura, en pleno verán, que ao final deu os seus froitos”. O plan que se adoptará na sesión plenaria do vindeiro venres, 24 de novembro, “sen ser aínda o ideal, é o que máis se parece á nosa achega inicial, reflectindo actualizacións anuais, que esperamos se no final da lexislatura se sitúan no 22% do total orzamentario”, clarificou Vila.

No arquivo adxunto podes ver a contía económica que recibirá cada concello, o que maís de toda a provincia será O Carballiño, e que menos o concello ribeirán de Beade.

Arquivo: 
PDF icon reparto_de_fondos_para_cada_concello.pdf [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/pp-e-psoe-pactan-un-plan-de-reparto-de-fondos-anual-da-deputacion-para-os-concellos-que-fixa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pp-e-psoe-pactan-un-plan-de-reparto-de-fondos-anual-da-deputacion-para-os-concellos-que-fixa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pp-e-psoe-pactan-un-plan-de-reparto-de-fondos-anual-da-deputacion-para-os-concellos-que-fixa [3] whatsapp://send?text=PP e PSOE pactan un plan de reparto de fondos anual da Deputación para os concellos, que fixa un orzamento de 17 millóns para 2024. Consulta aquí o que lle corresponderá cada concello. http://copecarballino.es/novas/pp-e-psoe-pactan-un-plan-de-reparto-de-fondos-anual-da-deputacion-para-os-concellos-que-fixa [4] http://www.copecarballino.es/print/64183 [5] http://www.copecarballino.es/sites/default/files/reparto_de_fondos_para_cada_concello.pdf