Desenrolado por coroa.es
Juan Arturo Marquina Vázquez (terceiro pola esquerda na primeira fila da foto) faleceu aos 90 anos de idade, fora alcalde do concello do Carballiño entre decembro de 1993 e xuño de 1995, baixo as siglas do Partido Popular, nun goberno municipal compartido cos Centristas de Argimiro Marnotes.
Marquina fora elixido alcalde polo pleno da corporación municipal tras a dimisión do tamén popular José Luis García Rodríguez, pasada a metade do mandato municipal 1991-1995. Non pudo revalidar o cargo nas eleccións municipais de 1995, sendo o seu sucesor Pachi Vázquez, do PSOE, cunha alianza de goberno co BNG, e relegando aos populares á oposición no concello do Carballiño.
En maio de 1995 Juan Arturo Marquina (PP) xunto a Pachi Vázquez (PSOE) e Chema Ferreiro (BNG) protagonizaran nos estudos de Onda Cero O Carballiño o primeiro debate electoral público na historia política do concello do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-juan-arturo-marquina-alcalde-do-carballino-entre-1993-e-1995
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-juan-arturo-marquina-alcalde-do-carballino-entre-1993-e-1995
[3] whatsapp://send?text=Falece Juan Arturo Marquina, alcalde do Carballiño entre 1993 e 1995. http://copecarballino.es/novas/falece-juan-arturo-marquina-alcalde-do-carballino-entre-1993-e-1995
[4] http://www.copecarballino.es/print/64373