Desenrolado por coroa.es
A Xunta culminou as obras de humanización da travesía da estrada OU-154 no Reino, no concello de Piñor, tras un investimento autonómico global de 460.000 €.
A intervención que se vén de rematar correspóndese coa segunda fase dos traballos da humanización desta travesía. Concretamente actuouse en dous treitos da OU-154 que suman 500 metros de lonxitude: entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235, ao paso polo núcleo do Reino.
As obras acometidas supuxeron un investimento de preto de 300.000 euros. Centráronse na humanización destes treitos da estrada, incluíndo o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións.
Os traballos desta segunda fase incluíron as demolicións da beirarrúa e de parte da calzada, que se repuxo mellorando a accesibilidade e a sección do firme. Tamén se realizou unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada.
No treito entre os quilómetros 1+686 e 1+723 elevouse a beirarrúa sobre a plataforma da estrada, manténdose no mesmo nivel no resto desa zona.
Ademais, entre os puntos quilométricos 1+723 e 1+740, coincidindo co cruce do Camiño de Santiago, dispúxose unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa.
Tamén se dispuxo unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética.
Os traballos completáronse coa reposición da sinalización horizontal e vertical afectada e coa colocación de nova sinalización.
Esta intervención completa a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025 desta estrada. Tratouse dunha primeira fase de actuación co fin de protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-culmina-humanizacion-da-travesia-da-estrada-ou-154-no-reino-en-pinor-que-supuxo-un
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-culmina-humanizacion-da-travesia-da-estrada-ou-154-no-reino-en-pinor-que-supuxo-un
[3] whatsapp://send?text=A Xunta culmina a humanización da travesía da estrada OU-154 no Reino, en Piñor, que supuxo un investimento global de 460.000 € http://copecarballino.es/novas/xunta-culmina-humanizacion-da-travesia-da-estrada-ou-154-no-reino-en-pinor-que-supuxo-un
[4] http://www.copecarballino.es/print/64764