Desenrolado por coroa.es
A Xunta destinará 1,2 millóns de euros á construción da residencia municipal de maiores de Piñor. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou o espazo no que se instalará este centro xunto ao delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Piñor, José Luis González.
O Goberno galego financiará o 70% das obras, o que supón a asignación máxima que pode outorgar. Unha contía que forma parte do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co que a Xunta custeará unha vintena de proxectos de mellora, reforma ou construción de residencias e centros de día de titularidade municipal. O 30% restante irá a cargo da Deputación de Ourense.
O proxecto de Piñor consistirá na modificación e ampliación das instalacións que ata agora ocupaban un centro social. Con esta actuación dotarase ao concello de 41 prazas residenciais para persoas maiores.
A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que o Plan de Investimentos en centros de atención residencial e diúrna de titularidade municipal supón un impulso histórico da Xunta á rede galega de atención e coidado a maiores.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destinara-12-millons-de-euros-creacion-da-futura-residencia-de-maiores-de-pinor
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destinara-12-millons-de-euros-creacion-da-futura-residencia-de-maiores-de-pinor
[3] whatsapp://send?text=A Xunta destinará 1,2 millóns de euros á creación da futura residencia de maiores de Piñor http://copecarballino.es/novas/xunta-destinara-12-millons-de-euros-creacion-da-futura-residencia-de-maiores-de-pinor
[4] http://www.copecarballino.es/print/65434