Desenrolado por coroa.es
O Consello da Xunta de Galicia aprobou, na súa reunión desta semana un convenio de colaboración co concello de Piñor por importe de 1.199.849 euros, que se achegarán en dúas anualidades a partes iguais (2024-2025) para financiar a consturcción dunha residencia para persoas maiores neste municipio.
O proxecto, según o avanzado meses atrás polo alcalde José Luis González, contará con 41 prazas para residentes, e contruiráse aproveitando en parte unha vella edificación de titularidade municipal.
A aportación económica tramítase a través dos fondos europeos do mecanismo de recuperación e resilencia do programa Nextgeneration.eu
Prevese que entre este mes e o que ven, formalícese este convenio entre Xunta e concello de Piñor, que permitirá a construcción deste futuro servizo residencial para persoas maiores neste municipio.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-consello-da-xunta-aproba-o-convenio-co-concello-de-pinor-para-construccion-dunha-residencia
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-consello-da-xunta-aproba-o-convenio-co-concello-de-pinor-para-construccion-dunha-residencia
[3] whatsapp://send?text=O consello da Xunta aproba o convenio co concello de Piñor para a construcción dunha residencia de maiores. http://copecarballino.es/novas/o-consello-da-xunta-aproba-o-convenio-co-concello-de-pinor-para-construccion-dunha-residencia
[4] http://www.copecarballino.es/print/66110