Desenrolado por coroa.es
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou hoxe Maside para pór en valor a importancia que ten para os municipios o programa PIREP de axuda ao acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos.
O máximo responsable do Goberno na provincia destacou o investimento de 225.000 euros que se levará a cabo no antigo grupo escolar do municipio e que conta cunha subvención do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana.
Eladio Santos estivo acompañado polo alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, que aproveitou para destacar a modificación de crédito realizada polo Concello para achegar 70.000 euros máis ao proxecto, que permitirán mellorar as carpintarías, aumentar o illamento térmico e instalar un sistema de calefacción a través dunha caldeira de pellets. O subdelegado do Goberno apuntou neste senso a importancia que ten que “Goberno e municipios vaian da man á hora de afrontar investimentos deste tipo”.
“O esforzo urbanístico e orzamentario levado a cabo polo concello de Maside, xunto co traballo do Goberno de España, son a demostración da aposta clara que teñen ambas institucións por recuperar e dotar aos veciños e veciñas dun edificio sustentable en eficiencia enerxética e novos equipamentos”, afirmou Eladio Santos. Tamén apuntou que esta “é unha oportunidade única para que os concellos do rural aproveiten estes fondos e melloren as súas instalacións para prestar un mellor servizo á cidadanía”.
Ademais, o subdelegado quixo pór o foco na aposta do Goberno polo municipalismo, con investimentos que “permiten acondicionar e mellorar a eficiencia enerxética de edificios públicos grazas ao programa PIREP local, encadrado no Plan de Recuperación”. Un programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos das comunidades autónomas e dos concellos do que en Galicia xa se benefician 33 municipios, incluído Maside.
O proxecto de rehabilitación e mellora enerxética do antigo grupo escolar de Maside tamén contempla a instalación dunha bancada retráctil, co obxectivo de empregala nun futuro como un auditorio polivalente, que dea servizo aos veciños e veciñas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-mellora-eficiencia-enerxetica-do-colexio-vello-da-alameda-cunha-inversion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-mellora-eficiencia-enerxetica-do-colexio-vello-da-alameda-cunha-inversion
[3] whatsapp://send?text=O concello de Maside mellora a eficiencia enerxética do colexio vello da Alameda, cunha inversión de 295.000 euros, a través dunha axuda do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-mellora-eficiencia-enerxetica-do-colexio-vello-da-alameda-cunha-inversion
[4] http://www.copecarballino.es/print/66129