Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Arenteiro e Unionistas de Salamanca reparten puntos no primeiro partido dos verdes en venres

25, Outubro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Non importa que fose venres e tampouco que a noite carballiñesa estaba fria, porque a afeccion do Arenteiro volveu responder en gran número e Espiñedo rexistrou unha gran entrada para ver ao seu equipo, entre as mellores da tempada.

Eso si, dia e horario que motivaron que a presenza de afeccionados charros -sempre numerosos en todos os seus desprazamentos- fose simbólica desta vez, apenas unha quincena de seguidores.

O Arenteiro volver mover con moito criterio o balón no primeiro cuarto de partido, pero co paso dos minutos un moi serio Unionistas foi medrando coa súa presión alta e nunha primeira parte que acabou moi equilibrada.

Na segunda parte o Arenteiro foi dominador e tivo varias ocasións para poder adiantarse no marcador, pero faltou acerto nos últimos metros, mentres que Unionistas non conseguíu inquietar a Diego García ata practicamente o tempo de desconto. O Arenteiro aínda tivo a última ocasión clara do partido, pero Enol cruzou demasiádo o balón cando xa se cantaba o gol en Espiñedo.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=B8FZ-gG0FC8 [5]

Ficha do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Cd-Unionistas-Salama... [6]

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/arenteiro-e-unionistas-de-salamanca-reparten-puntos-no-primeiro-partido-dos-verdes-en-venres

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-unionistas-de-salamanca-reparten-puntos-no-primeiro-partido-dos-verdes-en-venres [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-unionistas-de-salamanca-reparten-puntos-no-primeiro-partido-dos-verdes-en-venres [3] whatsapp://send?text=Arenteiro e Unionistas de Salamanca reparten puntos no primeiro partido dos verdes en venres http://copecarballino.es/novas/arenteiro-e-unionistas-de-salamanca-reparten-puntos-no-primeiro-partido-dos-verdes-en-venres [4] http://www.copecarballino.es/print/67723 [5] https://www.youtube.com/watch?v=B8FZ-gG0FC8 [6] https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Cd-Unionistas-Salamanca-Cf-Senior