Desenrolado por coroa.es
O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe dos seus viños coa arte e coa música na que vai ser a décima edición de “Cata a Arte”.
Esta iniciativa, altamente consolidada ao longo dos anos, desenvolverase os días 14, 21 e 28 de novembro. Cata a Arte consiste na cata de viños dunha adega acollida a denominación e orixe Ribeiro no entorno dunha exposición artística e complementada cun concerto musical de entre 30 e 40 minutos. O elemento artístico é aportado polo Centro Cultural Marcos Valcárcel e o apartado musical desta edición correrá a cargo de Los Camachuelos (14 de novembro), Perrito Piloto (21 de novembro) e En Mala Hora (28 de novembro).
A novidade desta edición está en que o acceso será con entrada, cun prezo de 5€ por sesión que se deberá adquirir a través do portal electrónico Entradium.com, sendo un ano máis un evento solidario que destinará todo o diñeiro recadado a Aixiña.
O vicepresidente da Deputación, César Fernández, salientou o aspecto de compromiso social corporativo tanto do ribeiro como da Deputación para apoiar esta iniciativa dende o seu nacemento e puxo de manifesto que “o éxito de Cata a Arte demostra que viño do ribeiro, arte e música maridan moi ben”.
A presidenta do Consello Regulador do Ribeiro, Concha Iglesias, tamén incidiu no compromiso das adegas con esta vertente social e na absoluta consolidación desta actividade ao longo dos anos. “Dende o seu nacemento, o Consello Regulador e o Centro Cultural Marcos Valcárcel fomos da man neste proxecto e estamos moi orgullosos de poder seguir xuntos”, dixo a presidenta.
Xan Jardón, director xerente de Aixiña, agradeceu o apoio e a visibilización que se da con esta actividade á organización que dirixe, onde salientou que hai 125 persoas traballando, nunha institución que ten como misión traballar por e para as persoas con discapacidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ribeiro-marida-os-seus-vinos-coa-arte-e-coa-musica-nunha-nova-edicion-de-cata-arte-que-se
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ribeiro-marida-os-seus-vinos-coa-arte-e-coa-musica-nunha-nova-edicion-de-cata-arte-que-se
[3] whatsapp://send?text=O Ribeiro marida os seus viños coa arte e coa música nunha nova edición de “Cata a Arte” que se desenvolverá os días 14, 21 e 28 de novembro http://copecarballino.es/novas/o-ribeiro-marida-os-seus-vinos-coa-arte-e-coa-musica-nunha-nova-edicion-de-cata-arte-que-se
[4] http://www.copecarballino.es/print/67765