Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño executou o proxecto de reforzo da iluminación do Estadio de Fútbol Municipal de Espiñedo, a través dunha achega económica de 60.000 euros da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes.
A nova iluminación xa luciu no partido do campionato de liga da Primeira Federación que xogaron na tarde-noite deste sábado Arenteiro e Osasuna Promesas, desde as 19:30 horas, con luz artificial.
A iluminación instalada con tecnoloxía LED, permite tanto a mellora lumínica que poideron comprobar a afección que seguíu o partido no propio estadio, como os que o fixeron a través da G2 ou FEF TV, que retransmitiron en directo o partido. Ademáis, tamén obtén agora unha maior eficiencia e aforro enerxético.
O Club Deportivo Arenteiro cumpre asi as esixencias federativas, que viñan advertindo da deficiente iluminación, non apta para a actúal categoria na que está a competir por segundo ano consecutivo, a categoria de bronce do fútbol español e antesá da Liga de Fútbol Profesional.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espinedo-reforza-sua-iluminacion-coa-tecnoloxia-led-tras-unha-inversion-de-60000-euros
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espinedo-reforza-sua-iluminacion-coa-tecnoloxia-led-tras-unha-inversion-de-60000-euros
[3] whatsapp://send?text=Espiñedo reforza a súa iluminación coa tecnoloxía LED, tras unha inversión de 60.000 euros aportados pola Xunta http://copecarballino.es/novas/espinedo-reforza-sua-iluminacion-coa-tecnoloxia-led-tras-unha-inversion-de-60000-euros
[4] http://www.copecarballino.es/print/67865