Desenrolado por coroa.es
A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo estivo presente no acto celebrado en Ribadavia para presentar o proxecto de declaración do baile e música tradicionais como Ben de Interese Cultural
Nun encontro celebrado no Museo Etnolóxico de Ribadavia, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou o inicio dos trámites coa publicación no Diario Oficial de Galicia deste luns 25 de novembro, da declaración do noso patrimonio inmaterial como BIC.
A agrupación xestionada pola Asociación de Gaiteiros do Irixo, cunha pequena representación de once integrantes, presentou unha mostra da súa música e bailes tradicionais como colofón do evento. Nun formato de cuarteto tradicional e tres parellas de baile, membros desta escola puxeron en valor o gran traballo de formación que se leva na Banda de Gaitas e Danzas O Irixo, que con máis de 50 alumnos segue apostando pola formación de xeracións futuras, contribuíndo así á divulgación e defensa da nosa cultura e manifestacións artísticas propias.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/banda-de-gaitas-e-danzas-do-irixo-protagonista-no-acto-da-xunta-para-oficializar-tramitacion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/banda-de-gaitas-e-danzas-do-irixo-protagonista-no-acto-da-xunta-para-oficializar-tramitacion
[3] whatsapp://send?text=A Banda de Gaitas e Danzas do Irixo protagonista no acto da Xunta para oficializar a tramitación de BIC para o patrimonio inmaterial da música e danza galegas http://copecarballino.es/novas/banda-de-gaitas-e-danzas-do-irixo-protagonista-no-acto-da-xunta-para-oficializar-tramitacion
[4] http://www.copecarballino.es/print/67869