Desenrolado por coroa.es
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recibiu esta tarde no seu despacho de San Caetano ao alcalde de Leiro, Francisco Fernández. A reunión serviu para avanzar, entre outros asuntos, no desenvolvemento do polígono agroforestal de Barzamedelle, situado neste concello ribeirao e que suporá a recuperación de máis de 145 hectáreas.
A conselleira puxo en valor que a día de hoxe xa se rozaron máis de 73 hectáreas neste polígono, para xestionar as acacias, e tamén que están moi avanzados os labores de investigación da propiedade.
Actualmente, esta iniciativa atópase na fase de redacción do proxecto básico, un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-e-o-concello-de-leiro-avanzan-no-impulso-do-poligono-agroforestal-deste-municipio
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-e-o-concello-de-leiro-avanzan-no-impulso-do-poligono-agroforestal-deste-municipio
[3] whatsapp://send?text=Medio Rural e o Concello de Leiro avanzan no impulso do polígono agroforestal deste municipio ribeirao http://copecarballino.es/novas/medio-rural-e-o-concello-de-leiro-avanzan-no-impulso-do-poligono-agroforestal-deste-municipio
[4] http://www.copecarballino.es/print/67906