Desenrolado por coroa.es
A festa gastronómica do inverno no Carballiño volveu demostrar que está xa consolidada como o evento maís destacado en Galicia no chamado domingo de piñata. e por segundo ano consecutivo, máis de 2.300 persoas degustaron nos resturantes da vila e arredores o menú da festa, a base do exquisito cocido de cachucha.
A pesar da amenza de chuvia, que caeu nalgunhos momentos deste domingo, non se suspendeu ningunha das actividades festivas programadas polo concello carballliñés, incluidos os dous desfiles de comparsas, folións, charangas, e as sempre espectaculares carrozas do entroido de Parada de Amoeiro, que coa súa presenza animaron ao numeroso público ao seu paso polas rúas máis céntricas do Carballiño.
A orquestra Gran Parada puxo o fin de festa na Praza Maior, completando asi o programa desta XXX edición da Festa da Cachucha, despendindo tamén o ciclo festivo do entroido no Carballiño que se prolongaba desde o pasado 28 de febreiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xxx-festa-da-cachucha-abarrota-os-comedores-da-hostalaria-local-na-despedida-carballinesa-ao
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xxx-festa-da-cachucha-abarrota-os-comedores-da-hostalaria-local-na-despedida-carballinesa-ao
[3] whatsapp://send?text=A XXX Festa da Cachucha abarrota os comedores da hostalaría local, na despedida carballiñesa ao entroido http://copecarballino.es/novas/xxx-festa-da-cachucha-abarrota-os-comedores-da-hostalaria-local-na-despedida-carballinesa-ao
[4] http://www.copecarballino.es/print/68329