Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Venres 13 e sábado 14 son os "Dias Tolos" do Carballiño Centro Comercial Aberto, con grandes descontos, sorteo e actividades de animación nas rúas.

13, Xuño 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Asociación Carballiño CCA pon en marcha unha nova edición da campaña “DÍAS LOCOS”, que se celebrará o venres 13 e o sábado 14 de xuño, co bxectivo de impulsar as compras nos comercios asociados e ofrecer unha experiencia dinámica para familias e visitantes.

Durante estes dous días 33 establecementos asociados ofrecerán descontos en artigos de tempada. Os clientes que realicen compras poderán participar no sorteo de 200 € en vales de compra (4 vales de 50 €), rexistrando o ticket en www.comerciocarballino.com/diaslocos [5] ou depositando a papeleta na urna situada no stand de Carballiño CCA na Praza Maior.

A animación de rúa incluirá o venres xogos tradicionais na Praza Maior e na Pista Roxa (acceso mediante ticket de compra), e música itinerante polas rúas co coro “En Harmonía”. O Sábado, haberá zancudos, pasarrúas e un divertido Toro Mecánico na Praza Maior (entrada mediante ticket de compra).

Esta campaña leva o selo de cooperación institucional: cofinanciada pola Consellería de Emprego , Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello do Carballiño. Desde O Carballiño CCA animan á veciñanza a participar activamente nesta celebración chea de ofertas, diversión e dinamismo na vía pública.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/venres-13-e-sabado-14-son-os-dias-tolos-do-carballino-centro-comercial-aberto-con-grandes

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/venres-13-e-sabado-14-son-os-dias-tolos-do-carballino-centro-comercial-aberto-con-grandes [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/venres-13-e-sabado-14-son-os-dias-tolos-do-carballino-centro-comercial-aberto-con-grandes [3] whatsapp://send?text=Venres 13 e sábado 14 son os [4] http://www.copecarballino.es/print/68744 [5] http://www.comerciocarballino.com/diaslocos