Desenrolado por coroa.es
A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal (PMB) de San Cristovo de Cea para dotar o municipio dun instrumento eficaz de ordenación do territorio. A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe ao alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, da aprobación inicial deste Plan por resolución da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
Trátase dun instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica. No que se refire á tramitación, tras a aprobación inicial, o documento someterase a información pública durante dous meses e solicitaranse todos os informes sectoriais preceptivos previos para a súa aprobación definitiva.
O Plan para este concello, que conta cunha poboación de 1.989 habitantes, clasifica un total de 82 núcleos rurais, repartidos en 13 parroquias. Ademais o Plan tamén contempla un total de 530 elementos de patrimonio cultural, clasificados do seguinte xeito: Bens de Interes Cultural (BIC), 1 arquitectónico, 10 artísticos e 18 etnolóxicos; e Bens Catalogados, 71 arqueolóxicos, 128 arquitectónicos, 301 etnolóxicos e 1 relativo ao Camiño de Santiago.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-aproba-de-forma-inicial-o-plan-basico-municipal-de-san-cristovo-de-cea-que-dispora-dun
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-aproba-de-forma-inicial-o-plan-basico-municipal-de-san-cristovo-de-cea-que-dispora-dun
[3] whatsapp://send?text=A Xunta aproba de forma inicial o plan básico municipal de San Cristovo de Cea, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio http://copecarballino.es/novas/xunta-aproba-de-forma-inicial-o-plan-basico-municipal-de-san-cristovo-de-cea-que-dispora-dun
[4] http://www.copecarballino.es/print/68764