Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común denuncia o ocultismo sobre o proxecto da liña de alta tensión que pretende atravesar O Carballiño

25, Xuño 2025 [1] [2] [3] [4]

A Xunta de Galicia publicou oficialmente a finais do mes de maio varios proxectos relacionados cos novos parques eólicos que se pretenden construir na nosa contorna e con incidencia directa en gran parte do xeografía do noso concello.

Tanto é así que, de saír adiante estes, unha liña de alta tensión cruzaría de punta a punta O Carballiño con afectación especial para as parroquias de Madarnás, Mudelos, A Piteira e Seoane.

Cómpre suliñar que na nosa comarca e nas colindantes tamén incidirá nos concellos de San Cristovo de Cea, Vilamarín, Piñor, O Irixo, Boborás, Beariz, Leiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Castrelo de Miño.

Nin Xunta nin Concello do Carballiño tiveron a ben informar aos afectados para que estes poideran formular as súas alegacións dentro dun prazo que remata a primeiros de xullo.
É sospeitoso e preocupante que algo de tal magnitude se tentara levar pola calada e con total ausencia de transparencia. Máis cando algúns deles acudiron ás dependencias municipais a procurar unha información que se lles dixo que non había.

Por iso, Espazo Común vai levar ao pleno deste xoves unha moción de urxencia esixindo transparencia e que o Concello apoie técnicamente aos veciños para a elaboración dunhas alegacións fundamentadas que garantan a seguridade da cidadanía e a conservación do patrimonio tanto histórico como natural.

Asdo: Grupo Municipal de Espazo Común.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/denunciacidada/espazo-comun-denuncia-o-ocultismo-sobre-o-proxecto-da-lina-de-alta-tension-que

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/espazo-comun-denuncia-o-ocultismo-sobre-o-proxecto-da-lina-de-alta-tension-que [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/espazo-comun-denuncia-o-ocultismo-sobre-o-proxecto-da-lina-de-alta-tension-que [3] whatsapp://send?text=Espazo Común denuncia o ocultismo sobre o proxecto da liña de alta tensión que pretende atravesar O Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/espazo-comun-denuncia-o-ocultismo-sobre-o-proxecto-da-lina-de-alta-tension-que [4] http://www.copecarballino.es/print/68797