Desenrolado por coroa.es
Quedo asombrado coa denuncia de Espazo Común sobre o ocultismo coa liña de Alta tensión que atravesaría o concello de Carballliño polo proxecto de parques eólicos recentemente publicados.
O que asombra e preocupa a partes iguais, é o que se nota que Espazo Comñun non se preocupou o máis mínimo en informarse do proceso, que sería o mínimo esixible antes de erixirse en estandarte da causa. Nótase que escoitaron ecos, e iso reproducen. Vamos por partes:
O PROXECTO NON FOI PUBLICADO POLA XUNTA, xa que é un proxecto tramitado polo MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA (qué ironía) debido á súa potencia (supoño que os aspirantes a gobernantes saben que os proxectos que superan os 50MW son de tramitación estatal e non autonómica) e fopi publicado no Boletín Oficial do Estado do día 27 de maio de 2025: https://www.boe.es/boe/dias/2025/05/27/pdfs/BOE-B-2025-19382.pdf [5]
Como é evidente que non se molestaron en informe, paso os datos: son 5 parques eólicos tramitados nun único expediente, que constan de 73 aeroxeradores coas súas evacuacións de alta tensión, pasando unha delas por este concello, e xa lles digo máis: o propio proxecto especifica que pasa pola área protexida de Augas do Balneario de O Carballiño.
Xa que nombran á Xunta como promotora do proxecto sen ter nada que ver, infórmolles de que esta xa fixo o seu traballo hai unha semana e presentou informe en contra deste proxecto polas afeccións medioambientais e afección á Rede Natura 2000 (se se molestan en mirar os mapas do proxecto saberán porqué): https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2025/06/21/xunta-rechaza-... [6]
Grazas pola súa atención. sigan desinformando.
PD: existen diversos puntos de recollida de alegacións no Carballiño para ir asinar. Ese é o traballo que se pode facer agora: responder con alegacións no periodo habilitado para tal fin ata o 07 de xullo
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-resposta-espazo-comun-lina-alta-tension
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-resposta-espazo-comun-lina-alta-tension
[3] whatsapp://send?text=En resposta a ESPAZO COMÚN LIÑA ALTA TENSIÓN http://copecarballino.es/denunciacidada/en-resposta-espazo-comun-lina-alta-tension
[4] http://www.copecarballino.es/print/68800
[5] https://www.boe.es/boe/dias/2025/05/27/pdfs/BOE-B-2025-19382.pdf
[6] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2025/06/21/xunta-rechaza-cinco-parques-tramitacion-estatal-afectar-red-natura-recintos/0003_202506G21P35991.htm