Desenrolado por coroa.es
Unha representación veciñal presentou no rexistro municipal do concello do Carballiño máis dun milleiro de alegacións contra a LAT de 220 KV que serviría de liña de evacuación a un proxecto de mega parque eólico de 75 aeroxeradores que afectaría a montes das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
As alegacións particulares súmanse as promovidas polas asociacións de veciños de Seoane, Mudelos e Madarnás e as cinco tramitadas por este proxecto polo concello do Carballiño.
Comarca adiante, a contrucción desta Liñas de Alta Tensión afectaría a numerosas parroquias dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor, O Irixo, Boborás, Beariz, Leiro, San Amaro ou Cenlle, entre outros.
Son miles de alegacións as que xa foron presentadas en todo o territorio comarcal O Carballiño-O Ribeiro,que inciden no impacto negativo deste mega proxecto, que nalgunhos puntos situaríase a apenas 60 metros de distancia de núcleos de poboación.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinanza-de-seoane-mudelos-e-madarnas-tramitan-mais-de-mil-alegacions-contra-o-proxecto-da
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinanza-de-seoane-mudelos-e-madarnas-tramitan-mais-de-mil-alegacions-contra-o-proxecto-da
[3] whatsapp://send?text=A veciñanza de Seoane, Mudelos e Madarnás tramitan máis de mil alegacións contra o proxecto da nova Liña de Alta Tensión http://copecarballino.es/novas/vecinanza-de-seoane-mudelos-e-madarnas-tramitan-mais-de-mil-alegacions-contra-o-proxecto-da
[4] http://www.copecarballino.es/print/68846