Desenrolado por coroa.es
O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa COVIASTEC S.L. a construción do novo centro de saúde de Boborás por un importe de 1.816.809 euros.
A nova infraestrutura permitirá ampliar en máis de 200 m² a superficie do actual centro de saúde ata acadar os 786 m², o que tamén posibilitará a ampliación dos seus servizos.
En concreto, posibilitará dispor dunha consulta para a saúde da muller, unha consulta polivalente de urxencias e outra destinada aos pacientes respiratorios.
Ademais, o novo inmoble contará con dúas consultas de medicina, dúas consultas de enfermería e tamén unha novas sala de xuntas.
O deseño elixido para o novo centro de saúde busca a mellor integración coa contorna en todos os seus aspectos, empregando materiais característicos da zona, como a pedra e a madeira.
A empresa adxudicataria dispón do prazo de 16 meses para levar a cabo a construción deste novo centro de saúde co que se optimizará a calidade dos servizos asistenciais nesta localidade ourensá.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-adxudica-construccion-do-novo-centro-de-saude-de-boboras-empresa-coviastec-sl-por
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-adxudica-construccion-do-novo-centro-de-saude-de-boboras-empresa-coviastec-sl-por
[3] whatsapp://send?text=O Sergas adxudica a construcción do novo centro de saúde de Boborás á empresa COVIASTEC S.L. por importe de 1,8 millóns de eruos http://copecarballino.es/novas/o-sergas-adxudica-construccion-do-novo-centro-de-saude-de-boboras-empresa-coviastec-sl-por
[4] http://www.copecarballino.es/print/69173