Desenrolado por coroa.es

Bos días. En relación coa polémica que se xerou tras comentar nunha tertulia da Cope unha das persoas participantes que no IES Nº 1 estaban pechados os baños con chave, que había que solicitar en conserxería, incluso o papel hixiénico, gustaríame comentar o seguinte:
Calquera dos que temos ou tivemos fillos nese centro de ensino sabemos que eso é así, xa que os nosos fillos nolo veñen dicindo dende xa fai varios anos.
O alumnado ten comentado co equipo directivo e profesorado do centro a súa disconformidade con esta medida, coa cal moitos pais non estamos dacordo. Supoño que incluso a maioría.
Ante estes feitos, paréceme completamente desafortunado que a dirección do centro o primeiro que fai é negar que esto ocurra e dicir que "non está prohibido o uso dos aseos durante toda a xornada lectiva e non están pechados os aseos", negando algo que todos coñecemos e engadindo que non está prohibido o uso dos baños durante a xornada lectiva, cando é evidente que nin ten autoridade para prohibilo nin sería de sentido común facelo, xa que eses baños están aí precisamente para ser usados na xornada lectiva, non en fin de semana ou no verán. Están feitos para o alumnado, igual que hai outros feitos para o profesorado, e o que ten que facer a dirección do centro coa colaboración de todo o profesorado é a xestión axeitada dos mesmos, a cal non pode ser pechalos.
Pode ser certo que as queixas non chegaran á dirección a través dos órganos colexiados, o descoñezo, pero o que non se pode negar é o malestar manifestado en moitas ocasións polo alumnado, ao cal o centro ten a obriga de escoitar, práctica que da a impresión que non debe ser moi habitual. Tampouco parece necesario ter que recibir unha queixa para darse conta de que esta medida tal vez non responde ao que segundo o escrito da dirección do centro se pretende: "todas as normas que atañen ao bo uso das instalacións do centro en xeral e os aseos en particular, son pensadas sempre no beneficio do alumnado e nunca atentando contra os seus dereitos".
E xa para rematar, paréceme increible que se solicite unha rectificación pública dunha información que fala dunha situación de sobra coñecida por todos (supoño que incluída a propia dirección do centro, xa que polo menos é de esperar que saiban o que sucede alí) ao ver que dita información cuestiona o funcionamento do ies, en vez de recoñecer que tal vez neste caso estanse a equivocar e buscar unha solución axeitada e coa que todo o alumnado se sinta conforme e acollido.
Unha vez exposto esto, creo que corresponde á dirección do centro pedir desculpas á persoa a que lle está esixindo unha rectificación, xa que parece unha mostra de cinismo innecesaria. Recoñecer cando un se equivoca é un primeiro paso necesario para adicarse ao ensino con honestidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-relacion-polemica-cos-banos-do-ies-no1
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-relacion-polemica-cos-banos-do-ies-no1
[3] whatsapp://send?text=En relación á polémica cos baños do IES Nº1 http://copecarballino.es/denunciacidada/en-relacion-polemica-cos-banos-do-ies-no1
[4] http://www.copecarballino.es/print/69303