Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O concello do Carballiño impulsa unha campaña de promoción do comercio local para este nadal con autocolantes en galego

10, Decembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A área de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, en colaboración coa Concellería de Comercio, impulsa este Nadal unha campaña de compras no comercio local a través de frases en galego. Deste xeito, repartiranse entre os establecementos do municipio 2.000 autocolantes con temática de Nadal e cunha inscrición en lingua galega para que os comerciantes os poidan colocar nos paquetes de agasallos das festas.

A campaña pretende impulsar a presenza social do galego, achegándoo a espazos de uso habitual e grande visibilidade como os establecementos comerciais. “É un xeito de normalizar o emprego da lingua en situacións cotiás para que tanto a veciñanza como os visitantes perciban o galego como unha lingua útil, moderna e plenamente incorporada á actividade económica”, detalla Lorena Castro, concelleira de Educación.

“Tamén é unha campaña que apoia ao comercio de proximidade, xa que lle ofrecemos ferramentas atractivas para mellorar a presentación dos seus produtos nunha época de moita actividade como é o Nadal”, explica Diana González, edila de Comercio.

Aqueles comerciantes interesados en sumarse á campaña poden recoller os autocolantes ata fin de existencias nas oficinas de Normalización Lingüística no segundo andar da Casa Consistorial (en horario de 9,00 a 14,00 horas). Os establecementos adheridos ao CCA Carballiño poden solicitarllos á xerencia da entidade comercial, quen se encargará de repartilos entre os asociados.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-unha-campana-de-promocion-do-comercio-local-para-este-nadal

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-unha-campana-de-promocion-do-comercio-local-para-este-nadal [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-unha-campana-de-promocion-do-comercio-local-para-este-nadal [3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño impulsa unha campaña de promoción do comercio local para este nadal con autocolantes en galego http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-unha-campana-de-promocion-do-comercio-local-para-este-nadal [4] http://www.copecarballino.es/print/69464