Desenrolado por coroa.es


O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao partido de fútbol Maside-Nogueira de Ramuín (encontro da liga 1ª Galicia Futgal), onde puxo en valor as recentes obras do campo Outeiro Grande, cunha instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada, grazas ao investimento de 250.000 euros.
Menor asegurou que o céspede, xunto a reforma de vestiarios, “vai marcar un antes e un despois” para o que no seu momento foi un dos primeiros campos da provincia en ser de herba artificial, o de Maside.
No mesmo acto (na foto) tamén participaron o alcalde de Maside José Manuel Iglesias e o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-inaugura-novas-instalacions-do-campo-de-futbol-do-outeiro-grande-tras-un
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-inaugura-novas-instalacions-do-campo-de-futbol-do-outeiro-grande-tras-un
[3] whatsapp://send?text=O concello de Maside inaugura as novas instalacións do campo de fútbol do Outeiro Grande, tras un investimento de 250.000 euros. http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-inaugura-novas-instalacions-do-campo-de-futbol-do-outeiro-grande-tras-un
[4] http://www.copecarballino.es/print/69484