Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta e o Concello do Carballiño avalían a creación dun centro de día para maiores

17, Decembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; o tenente de alcalde do Carballiño, José Rafael Castro; a concelleira de Educación, Lorena Castro; e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Baranda; reuníronse esta mañá en San Caetano para avaliar novas vías de colaboración entre ambas administracións para seguir reforzando a atención ás persoas maiores.

Neste sentido, o tenente de alcalde explicou á conselleira que O Carballiño é un concello rural cunha poboación envellecida, o que suscita cada vez máis necesidades para poder atender as súas necesidades. Por iso, trasladoulle a importancia de contar cun centro de atención diúrna que ofreza coidados de calidade e tamén permita facilitar a conciliación de moitas familias da contorna.

Pola súa parte, a conselleira indicou ao alcalde que o Goberno galego mantén un compromiso firme coa atención aos maiores e aposta por un modelo no que poñer a súa disposición todos os recursos necesarios para que poidan escoller onde pasar esta etapa das súas vida. Deste xeito, comprometeuse a avaliar o proxecto e estudar a súa viabilidade, co obxectivo de seguir mellorando a calidade de vida dos veciños e que complemente outros servizos públicos autonómicos como a residencia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-carballino-avalian-creacion-dun-centro-de-dia-para-maiores

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-carballino-avalian-creacion-dun-centro-de-dia-para-maiores [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-carballino-avalian-creacion-dun-centro-de-dia-para-maiores [3] whatsapp://send?text=A Xunta e o Concello do Carballiño avalían a creación dun centro de día para maiores http://copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-do-carballino-avalian-creacion-dun-centro-de-dia-para-maiores [4] http://www.copecarballino.es/print/69497