Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño aposta polo parque de atraccións CarbaNadal como oferta de divertimento para toda a familia

21, Decembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O parque de atraccións CarbaNadal convertirá O Carballiño nun dos epicentros galegos da diversión das familias durante as festas: o Pavillón Paco Chao transfórmase do 26 ao 31 de decembro nun espazo lúdico para nenos e nenas de todas as idades.

O CarbaNadal contará con inchables xigantes, obradoiros creativos e xogos de construción onde os máis cativos poderán divertirse e aprender nun entorno seguro e cheo de ilusión.

O parque contará con estruturas evolution e xrun xigantes, onde os participantes terán a oportunidade de realizar probas de esforzo e superación, así como completar o percorrido de obstáculos e probas deportivas.

Cabe destacar que o equipo de monitores sempre estará supervisando e dando as indicacións necesarias aos pequenos. Por outra banda, no recinto haberá inchables xigantes para todas as idades, ademais de espazos creativos para debuxar e pintar e zonas de xogos de construción. Ao tratarse dun parque de atraccións interior, é un espazo idóneo para desfrutar nesta época, na que a meteoroloxía dificulta as actividades ao aire libre.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, anima á veciñanza do Carballiño e á poboación de toda a contorna a achegarse ao CarbaNadal e divertirse en familia nesta época tan máxica. “Trátase dun parque de atraccións xigante con opcións e oferta lúdica para todos os gustos e para todas as idades, o mellor lugar ao que acudir nestas datas”, asegura. O edil convida aos visitantes a desfrutar tamén da hostalaría e do comercio local, e aproveitar así o desprazamento ata O Carballiño. “Que coñezan como é a nosa vila e todo o que lles pode ofrecer”, apunta.

O horario do parque é de mañá (de 10,30 a 13,30 horas) e tarde (de 16,00 a 20,00 horas). O prezo de cada entrada será de 7 euros no horario matutino e de 8 euros pola tarde. O CarbaNadal está organizado e montado pola empresa Mantesil.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-carballino-aposta-polo-parque-de-atraccions-carbanadal-como-oferta-de-divertimento-para-toda

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-aposta-polo-parque-de-atraccions-carbanadal-como-oferta-de-divertimento-para-toda [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-aposta-polo-parque-de-atraccions-carbanadal-como-oferta-de-divertimento-para-toda [3] whatsapp://send?text=O Carballiño aposta polo parque de atraccións CarbaNadal como oferta de divertimento para toda a familia http://copecarballino.es/novas/o-carballino-aposta-polo-parque-de-atraccions-carbanadal-como-oferta-de-divertimento-para-toda [4] http://www.copecarballino.es/print/69512