Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño convida á Festa do Pulpo á presidenta do Parlamento Europeo e ao persoal de cociña da institución para que proben o verdadeiro pulpo á feira

7, Febreiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Turismo, convidará formalmente á Festa do Pulpo 2026 á presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e ao persoal de cociña da institución para que poidan degustar e desfrutar do verdadeiro pulpo á feira.

O edil de Turismo, Manuel Dacal, tomou a decisión de invitalos despois de coñecer as queixas de Adrián Vázquez, eurodiputado galego do PP, ante a equivocación dos responsables do cátering do Parlamento Europeo.

Tal e como amosan as imaxes compartidas por Vázquez esta semana nas súas redes, o equipo de cociña da Eurocámara está servindo baixo o nome de “pulpo a la gallega” un prato con aneis de lura, pataca guisada e brócoli.

“Xa non é que cociñen doutra forma o pulpo, é que directamente non hai nin rastro de pulpo no prato!”, lamenta Dacal, quen pon en valor o importante papel das pulpeiras e pulpeiros que atesoran esta receita e manteñen a tradición cultural e gastronómica.

“Se veñen probar o noso pulpo, o mellor de toda Galicia, van quedar encantados, igual que quedaron os italianos”, asegura o edil, referíndose aos representantes de Noventa Padovana, vila italiana homenaxeada na pasada edición da Festa do Pulpo.

Dacal valora en positivo que a Eurocámara inclúa no menú receitas variadas e representativas das diferentes rexións e culturas, pero lamenta o descoñecemento dos cociñeiros. Nesa liña, o concelleiro reitera a invitación e comprométese a ensinarlle á Roberta Metsola e ao equipo do cátering o traballo centenario das pulpeiras, así como a cultura e a tradición en torno ao pulpo e á forma de cociñalo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convida-festa-do-pulpo-presidenta-do-parlamento-europeo-e-ao-persoal

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convida-festa-do-pulpo-presidenta-do-parlamento-europeo-e-ao-persoal [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convida-festa-do-pulpo-presidenta-do-parlamento-europeo-e-ao-persoal [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño convida á Festa do Pulpo á presidenta do Parlamento Europeo e ao persoal de cociña da institución para que proben o verdadeiro pulpo á feira http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convida-festa-do-pulpo-presidenta-do-parlamento-europeo-e-ao-persoal [4] http://www.copecarballino.es/print/69714