Desenrolado por coroa.es


O Concello do Carballiño conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, cunha programación especialmente dedicada á concienciación das novas xeracións.
Silvia Baranda, concelleira de Igualdade, presentou esta mañá a programación deste ano, que inclúe un acto central con participación dos centros educativos, un obradoiro contra a violencia sexual e obradoiros de flores. “Queremos que os nosos nenos e nenas participen e se involucren na igualdade. Aínda queda moito por facer e parece que a sociedade está volvendo un pouco para atrás nalgúns temas”, apuntou Baranda.
O acto central da programación levarase a cabo o venres 6 de marzo ás 12,00 horas na Praza Maior. “Facémolo ao aire libre, se o tempo o permite, para que sexa máis participativo e se poida achegar toda a xente que queira”, detallou a concelleira.
As actividades continúan os días 10 e 17 de marzo cun obradoiro de arranxos primaverais con flor natural seca, impartido por Rita Soto. “Xa fixemos este tipo de obradoiros en Nadal e tiveron moi boa acollida entre as veciñas”, resaltou Baranda.
A programación tamén inclúe o obradoiro “Agresión off: eu digo non á violencia sexual” no IES Nº1, o xoves 26 de marzo. “Cada ano levamos actividades a un centro educativo distinto para achegarnos aos máis novos”, salientou a edila.
Finalmente, levarase a cabo unha andaina conmemorativa do 8M. “Debido á meteoroloxía aínda non podemos fixar a data, imos esperar a que chegue a primavera e faga mellor tempo”, adiantou.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-presenta-o-programa-conmemorativo-do-dia-internacional-das-mulleres
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-presenta-o-programa-conmemorativo-do-dia-internacional-das-mulleres
[3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño presenta o programa conmemorativo do Dia Internacional das Mulleres, con varias propostas durante o mes de marzo http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-presenta-o-programa-conmemorativo-do-dia-internacional-das-mulleres
[4] http://www.copecarballino.es/print/69795