Pachi Vázquez en COPE: “o pacto está roto, o concello do Carballiño non ten a ninguén ao volante”. Escóitao aquí.

Será de novo o candidato de Espazo Común á alcaldía do Carballiño, Pachi Vázquez xa exerce como alcaldable para as eleccións municipais de maio de 2027.

Nesta entrevista en COPE O Carballiño, Pachi asegurou que o pacto de cogobernanza que manteñen PSOE e PP “está roto” porque no grupo socialista “hai 3 que apoiarían a un alcalde do PP e outros 3 que non o farán”.

Vazquez considera que O Carballiño está “paralizado” como o están os grandes proxectos como poden ser a ampliación do parque empresarial ou o futuro Centro Integral de Saúde “dos que nada se sabe”.

Escoita aquí a entrevista íntegra con Xan Pinal:

Compartir en: