Fora de control o lume no incendio de Moreiras, que amenaza a Becoña, tras arrasar 200 hectáreas de monte e activarse o nivel 2 de risco

O incendio forestal declarado a primeira hora da noite deste pasado sábado nesta parroquia do concello de Boborás permanece fora de control, a pesar do amplo operativo que durante este domingo ven traballando na zona. A situación, lonxe de mellorar, emperou co avance da xornada, de tal maneira que a media tarde a Xunta decretou o nivel 2 de risco debido a proximidade do lume ao núcleo de Becoña.

Durante a mañá a preocupación polo avance do lume estaba posta nos núcleos de Sonelle e A Fenteira, pola tarde os cámbios na dirección do vento fixo que o lume avanzase cara as localidades de Becoña e Feás. Según os últimos datos dispoñibles, recollidos ás 9 horas deste lúns dia 15 de xuño a superficie afectada por este incendio forestal na parroquia de Moreiras xa alcanza as 200 hectáreas.

Este lume iniciouse ás 21.55 horas de onte sábado e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 4 técnicos, 8 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 3 pas, 5 helicópteros e 9 avións.

Compartir en: