Fora de control o lume no incendio de Moreiras, que amenaza a Becoña, tras arrasar 200 hectáreas de monte e activarse o nivel 2 de risco
O incendio forestal declarado a primeira hora da noite deste pasado sábado nesta parroquia do concello de Boborás permanece fora de control, a pesar do amplo operativo que durante este domingo ven traballando na zona. A situación, lonxe de mellorar, emperou co avance da xornada, de tal maneira que a media tarde a Xunta decretou o nivel 2 de risco debido a proximidade do lume ao núcleo de Becoña. Durante a mañá a preocupación polo avance do lume estaba posta nos núcleos de Sonelle e A Fenteira, pola tarde os cámbios na dirección do vento fixo que o lume avanzase…