O portavoz de Espazo Común considera de extrema gravidade as manifestacións verquidas no pleno da corporación municipal do Carballiño tanto polo concelleiro de Seguridade Alberto Otero como a concelleira de Medio Ambiente Elvira Torres, sobre a suposta modificación feita polos axentes da Policia Local nos informes que recollían o relato dos feitos rexistrados na celebración da Festa da Xuventude nas Barcias, o domingo da Festa do Pulpo do pasado mes de agosto.
Adolfo Nogueira anunciaba no transcurso da súa intervención nesta emisora de Radio que Espazo Común acudirá á Xustiza para aclarar todo o que rodea a esta polémica, e mesmo acusa aos responsables do concello de ter ocultado documentación municipal sobre este asunto, en concreto sobre os polémicos informes.
Escoitáo aquí:


