Día: 19 de noviembre de 2026

1º Cabodano Dña. Amadora Conde Garriga (Viúva de Antonio Cabanelas Iglesias e natural de Trasalba – Amoeiro -) -.D.E.P.-

Faleceu o día 21 de novembro de 2025 en O Lago (Maside) aos 98 anos. Fillo: José Ramón Cabanelas Conde. Filla política: Rosa Riveiro Rodríguez (de Frutas Rosi). Netos: Almudena e Carlos Cabanelas Riveiro. Neto político: Óscar Cendón (de Talleres IVECOPER -Ourense-). Bisneto: Thiago Cendón Cabanelas. Irmá política, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 21 as cinco da tarde na igrexa parroquial de San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
A Axenda Urbana do Carballiño define o Plan de Acción adaptado á realidade da comarca. Escoita aquí a entrevista ao alcalde de Maside.

A Axenda Urbana do Carballiño define o Plan de Acción adaptado á realidade da comarca. Escoita aquí a entrevista ao alcalde de Maside.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presidiu hoxe unha reunión de traballo coas alcaldesas, alcaldes e equipos técnicos dos nove municipios que conforman a Área Urbana Funcional (AUF) do Carballiño (Beariz, Boborás, Maside, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea e O Carballiño), para dar un novo paso no desenvolvemento da súa Axenda Urbana. Durante o encontro, validáronse os resultados das fases de Diagnose e Marco Estratéxico, marcando o inicio da elaboración do Plan de Acción. Este documento servirá para traducir os obxectivos xerais en liñas de actuación concretas e realistas, adaptadas á realidade da…
Read More
Adolfo Nogueira anuncia que Espazo Común denunciará no xulgado “a ocultación de documentación municipal” en relación aos informes policiais do “Pulpo Fest” nas Barcias

Adolfo Nogueira anuncia que Espazo Común denunciará no xulgado “a ocultación de documentación municipal” en relación aos informes policiais do “Pulpo Fest” nas Barcias

O portavoz de Espazo Común considera de extrema gravidade as manifestacións verquidas no pleno da corporación municipal do Carballiño tanto polo concelleiro de Seguridade Alberto Otero como a concelleira de Medio Ambiente Elvira Torres, sobre a suposta modificación feita polos axentes da Policia Local nos informes que recollían o relato dos feitos rexistrados na celebración da Festa da Xuventude nas Barcias, o domingo da Festa do Pulpo do pasado mes de agosto. Adolfo Nogueira anunciaba no transcurso da súa intervención nesta emisora de Radio que Espazo Común acudirá á Xustiza para aclarar todo o que rodea a esta polémica, e…
Read More