Mes: noviembre 2026

San Amaro pide melloras no centro de saúde e a extensión da cobertura do servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO) no municipio

San Amaro pide melloras no centro de saúde e a extensión da cobertura do servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO) no municipio

O alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, acompañado polas concelleiras Noelia Ordóñez, responsable de Atención Cidadá, e Paula Arias, responsable de Servizos Sociais, mantiveron unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, na que se abordaron diferentes necesidades sanitarias do municipio. O encontro permitiu avanzar en dúas cuestións prioritarias para o Concello: a rehabilitación e mellora do centro de saúde e a extensión da cobertura do servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO). Compromiso para unha segunda reforma do centro de saúde Un dos principais resultados da reunión foi o compromiso adquirido polo…
Read More

1º Cabodano Dña. Amadora Conde Garriga (Viúva de Antonio Cabanelas Iglesias e natural de Trasalba – Amoeiro -) -.D.E.P.-

Faleceu o día 21 de novembro de 2025 en O Lago (Maside) aos 98 anos. Fillo: José Ramón Cabanelas Conde. Filla política: Rosa Riveiro Rodríguez (de Frutas Rosi). Netos: Almudena e Carlos Cabanelas Riveiro. Neto político: Óscar Cendón (de Talleres IVECOPER -Ourense-). Bisneto: Thiago Cendón Cabanelas. Irmá política, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 21 as cinco da tarde na igrexa parroquial de San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
A Axenda Urbana do Carballiño define o Plan de Acción adaptado á realidade da comarca. Escoita aquí a entrevista ao alcalde de Maside.

A Axenda Urbana do Carballiño define o Plan de Acción adaptado á realidade da comarca. Escoita aquí a entrevista ao alcalde de Maside.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presidiu hoxe unha reunión de traballo coas alcaldesas, alcaldes e equipos técnicos dos nove municipios que conforman a Área Urbana Funcional (AUF) do Carballiño (Beariz, Boborás, Maside, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea e O Carballiño), para dar un novo paso no desenvolvemento da súa Axenda Urbana. Durante o encontro, validáronse os resultados das fases de Diagnose e Marco Estratéxico, marcando o inicio da elaboración do Plan de Acción. Este documento servirá para traducir os obxectivos xerais en liñas de actuación concretas e realistas, adaptadas á realidade da…
Read More
Adolfo Nogueira anuncia que Espazo Común denunciará no xulgado “a ocultación de documentación municipal” en relación aos informes policiais do “Pulpo Fest” nas Barcias

Adolfo Nogueira anuncia que Espazo Común denunciará no xulgado “a ocultación de documentación municipal” en relación aos informes policiais do “Pulpo Fest” nas Barcias

O portavoz de Espazo Común considera de extrema gravidade as manifestacións verquidas no pleno da corporación municipal do Carballiño tanto polo concelleiro de Seguridade Alberto Otero como a concelleira de Medio Ambiente Elvira Torres, sobre a suposta modificación feita polos axentes da Policia Local nos informes que recollían o relato dos feitos rexistrados na celebración da Festa da Xuventude nas Barcias, o domingo da Festa do Pulpo do pasado mes de agosto. Adolfo Nogueira anunciaba no transcurso da súa intervención nesta emisora de Radio que Espazo Común acudirá á Xustiza para aclarar todo o que rodea a esta polémica, e…
Read More
O  concello do Carballiño aproba un orzamento ordinario para 2027 de 10,18 millóns, que prioriza os servizos sociais e impulsa investimentos por valor de tres millóns de euros

O concello do Carballiño aproba un orzamento ordinario para 2027 de 10,18 millóns, que prioriza os servizos sociais e impulsa investimentos por valor de tres millóns de euros

O pleno da corporación municipal do Concello do Carballiño aprobou hoxe, cos votos favorables do PSOE e do PP, os orzamentos municipais para 2027, que ascenden a 10.184.340 euros e teñen como principais prioridades a atención social, os servizos públicos e os investimentos. As contas contemplan unha dotación municipal de algo máis de medio millón de euros para investimentos, que contribuirá a mobilizar actuacións por un importe global estimado de tres millóns de euros, grazas ao cofinanciamento con outras administracións públicas. Os servizos sociais son a principal prioridade económica do Goberno local. A área de Servizos Sociais e Promoción Social…
Read More

Dña. Concepción Caramés Álvarez (Veciña que foi de Sobreira de Piñeiro -Maside- ) -D.E.P.-

Faleceu en Santa Cruz de Arrabaldo aos 100 anos. Filla: Carmen Caramés Álvarez (+). Fillo político: Antonio Pérez Álvarez (+). Netos: María del Carmen, Manola e José Antonio Pérez Caramés. Netos político: Juan Montes, Tito Rubín e Mila Vázquez. Bisnetos: Sheila, Alejandro, Erika, Carlos e Fátima. Bisnetos políticos: Pablo e Claudio. Tataraneto: Gael. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 19 as catro da tarde dende o velorio de Piñeiro (Maside) ata a igrexa parroquial de San Xoán de PIñeiro (Maside) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no…
Read More

Dña. Francisca González Gómez (Viúva de Antonio Vázquez Lois) -D.E.P.-

Faleceu en Maside aos 100 anos. Fillas: Conchita e Carmen Vazquez González. Fillo político: Gustavo Álvarez Pérez. Neto: Olalla e Javier. Netos políticos: Rubén e María. Bisnetso: Lucas, Nicolás, Clara, Sara e María. Sobriños e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción hoxe mércores día 18 as catro e media da tarde dende o velorio de Maside ata a igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

D. Bernardo Carreiro Castro -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 77 anos. Esposa: María Carmen Álvarez Caíña. Fillos: Bernardo e Yolanda Carreiro Álvarez. Fillos políticos: Alba Santa Cruz Rodríguez e Juan Domingo Núñez Regodón. Netos: Águeda, Gabriel, Cosme e Baia. Neto político: Enrique. Irmá: Julia Carreiro Castro. Irmáns políticos: Domingo, Melucha, LIta, Mïguel, Suso, Primo e Noemí. Sobriños, primos e demais familia. O acompañamento no velorio terá lugar ata o mércores día 18 ás cinco da tarde no Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3), favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Posteriormente, procederáse á incineración na intimidade familiar.
Read More
O PSOE pon como exemplo de recuperación do patrimonio a actuación no Colexio Vello de Maside, cun investimento de 372.000 euros

O PSOE pon como exemplo de recuperación do patrimonio a actuación no Colexio Vello de Maside, cun investimento de 372.000 euros

O PSdeG-PSOE de Ourense "pon en valor o compromiso do Goberno de España coa recuperación do patrimonio público e coa mellora dos servizos nos pequenos concellos da provincia, a través do investimento destinado á rehabilitación do antigo Colexio Vello de Maside". Unha actuación que permitirá recuperar un edificio histórico construído en 1950 e transformalo nun equipamento público moderno, accesible e polivalente, destinado a acoller actividades culturais, sociais e asociativas. O candidato do PSdeG-PSOE de Ourense ao Congreso dos Deputados, Brian Diz González, subliña que "o Goberno de Pedro Sánchez está demostrando que os investimentos e as oportunidades tamén teñen que…
Read More