Mes: noviembre 2026

O PSdeG-PSOE lamenta que “o PP bloquease na Deputación o plan de mellora da rede viaria provincial”

O PSdeG-PSOE lamenta que “o PP bloquease na Deputación o plan de mellora da rede viaria provincial”

O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense denuncia o voto en contra do Partido Popular á moción presentada para impulsar a mellora e planificación das actuacións na rede provincial de estradas, unha iniciativa que foi rexeitada grazas ao voto de calidade do presidente da institución, Luis Menor. “Unha vez máis, o PP volve dar as costas aos intereses da provincia e bloquea unha proposta necesaria para garantir unhas comunicacións máis seguras, unha maior igualdade territorial e unha atención adecuada ás necesidades dos concellos”, denuncian as e os socialistas. A iniciativa contou cos votos favorables do PSOE, BNG e Democracia…
Read More

Dña. María Cota Zabal (Viúva de D. Manuel Ruiz Cendón e veciña de Penedo -Avión- ) -D.E.P.-

Faleceu aos 91 anos. Fillos: Adela (+), Manuel (+) e Avelino Ruiz Cota. Fillo político: Manuel Estévez Estévez (+). Netos: Jennifer e Daniel Estévez Ruiz. Netos políticos: David Guede Rodicio e Ana Barros García. Bisnetas. Valeria e Lucía. Sobriños, primos e demais familila. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 3 as catro e media da tarde dende o Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº2) ata a igrexa parroquial de Santa María de Couso (Avión) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Dous goles de Martín Lamelas dan a vitoria ao Arenteiro ante o Céltiga

Dous goles de Martín Lamelas dan a vitoria ao Arenteiro ante o Céltiga

Que o fútbol se decide nas áreas é un dos tópicos clásicos deste deporte, aínda que como todos os tópicos ten de certo o que cada un queira entender, pero desde logo que o tópico cumpriuse plenamente neste partido entre Arenteiro e Céltiga. Os da Illa de Arousa levaron o peso do partido, tiveron ocasións de gol, pero faltoulles esa efectividade necesaria que sí tivo o Arenteiro con Martín Lamelas en estado de gracia que resolveu con dous zarpazos dentro da área para que os 3 puntos se quedasen en Espiñedo. Nada máis comezar o partido Esteban salvou o 0-1…
Read More