Mes: junio 2026

O Carballiño pecha o Plan de Sostibilidade Turística cunha execución de preto do 100 % e estrea o documental en colaboración co Celta de Vigo “O Carballiño: pulpo á feira, sangue celta”

O Carballiño pecha o Plan de Sostibilidade Turística cunha execución de preto do 100 % e estrea o documental en colaboración co Celta de Vigo “O Carballiño: pulpo á feira, sangue celta”

O Concello do Carballiño presentou hoxe o balance final do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) «O Carballiño e a gastronomía do polbo», unha iniciativa que supuxo un investimento dun millón de euros e que se desenvolveu entre novembro de 2023 e xuño de 2026. O acto, celebrado no Museo da Fábrica de Papel do Carballiño, incluíu a proxección do tráiler do documental «O Carballiño: pulpo á feira, sangue Celta», producido por Celta Media, a produtora do Real Club Celta de Vigo. O plan financiouse pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e…
Read More
O IES Nº 1 celebrará en outubro o 50 aniversario reunindo a un alumnado de varias xeracións do Carballiño e comarca. Escoita aquí a Almudena Mosquera e Ana Lousado.

O IES Nº 1 celebrará en outubro o 50 aniversario reunindo a un alumnado de varias xeracións do Carballiño e comarca. Escoita aquí a Almudena Mosquera e Ana Lousado.

En outubro de 1976 iniciaba a súa actividade docente o IES nº 1 do Carballiño, polo que neste ano de 2026 cumpriráse o 50 aniversario da súa inauguración, e con tal motivo xa está en marcha un programa de actividades que incluirá un acto central o sábado dia 17 de outubro ao que está invitado todo o alumnado, profesorado e persoal non docente que durante este medio século de vida formaron parte da histoira do centro. Esa data terá lugar un acto conmemorativo no salón de actos do centro, seguido dunha comida de convivencia para a que está aberta a…
Read More

Dña. María Teresa García González (Viúva de Ramón (José) Álvarez Fernández) (Casa Anlleiro-Coiras) -D.E.P.-

Faleceu aos 88 anos. Fillos: Juan Pedro e José Manuel Álvarez García. Fillas políticas: Carolina Rodríguez Aguilar e Mary Flor Conde Diéguez. Netos: Marcos, Emma, Ismael e Irene. Neta política: Tamara. Bisnetos: Marcos e Izan. Irmáns: Pedro e Manuel. Irmáns políticos: Fina, Eudosia, Palmira - Manuel (+), PIlar (+), Modesto (+), Teresa (+) - Silo, Clara - Francisco (+), Manuel (+) - Milagros. Sobriños, curmans, amigos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 30 as once e media da mañá dende o velorio de Cea ata a igrexa parroquial de San Juan de…
Read More
A Xunta impulsa na comarca a rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras

A Xunta impulsa na comarca a rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo un encontro co tecido empresarial e con entidades da comarca do Carballiño interesadas na nova convocatoria de impulso á rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras. Sinalando que esta comarca é unha das máis propicias para o desenvolvemento da nova orde por ter unha alta porcentaxe de vivendas baleiras, informou sobre os seus requisitos e animou a solicitar as axudas antes do próximo 15 de xullo, cando remata o prazo. Na xuntanza, o conselleiro sinalou que a iniciativa conxunta das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Vivenda e…
Read More

D. Germán Estévez Vidal (Natural de Muimenta-Carballeda de Avia) -D.E.P.-

Faleceu en Freás (Punxín) aos 70 anos. Esposa: María Isabel Rodríguez Vázquez. Fillos: Diego e David Estévez Rodríguez. Filla política: Natalia Lorenzo Cajide. Irmá: Lucita Estévez Vidal. Irmán político: Cándido Rodríguez Martínez. Sobriñas: Clara e Mar Martínez Estévez. Sobriños políticos: Eduardo Estévez e Miguel Domínguez. Bisobriños: Álex, Lucia, Manuel e Mateo. Primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o domingo día 28 as seis da tarde dende o velorio de Freás ata a igrexa parroquial de Santa María de Freás (Punxín) na que se celebrará o funeral, e posterior incineración na intimidade familiar. Favores polos…
Read More

D. Gumersindo Carneiro Cerdeira (Natural de Meixe-Boborás) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 88 anos. Esposa: Concepción Carballeda García. Fillo: Luis Carneiro Carballeda. Filla política: Marina Mancera. Irmán: Luis Carneiro Cerdeira (+) Irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar o sábado dia 27 de xuño as oito e media da tarde dende o tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño ata o Templo da Veracruz, onde se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

Dña. Sara Freigedo Nogueira -D.E.P.-

Faleceu nas Neves de Grixoa (San Amaro) aos 74 anos. Esposo: Javier González Fernández. Filla: María González Freigedo. Fillo político: José Luis González. Netas: Chloe e Carla González González. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 26 as seis da tarde dende o velorio de Neves de Grixoa (San Amaro) ata a igrexa parroquial de Neves de Grixoa (San Amaro) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano Dña. Celsa Lamas Otero (Viúva de Darío Moreira López e natural de Borraxas-Feás- Boborás-) -D.E.P.-

Faleceu o día 29 de Xuño del 2025 en O Carballiño aos 97 anos. Fillos: Darío, Lita e José Moreira Lamas. Fillos políticos: Mari Carmen Chulilla, Jesús Casares e Marisol Juárez. Netos: Sara, María, María Jesús, Luis Miguel, María José e José Antonio. Netos políticos: Agustín, Pablo e Patricia. Bisnetos: Elenita, Mikel e Vega. Irmáns: Francisco (+), María, Sara, Ramón (+), Peregrina, Áureo (+) e Claudio. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlle unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o venres día 26 as sete da tarde no Templo da Veracruz (O Carballiño). Favores polos que…
Read More
A Garda Civil libera nun domicilio do Carballiño a un home retido 3 dias por parte dunha parella para esixirlle o pago dunha débeda. A secuestradora conseguíu fuxir polo tellado do edificio e detida horas despóis.

A Garda Civil libera nun domicilio do Carballiño a un home retido 3 dias por parte dunha parella para esixirlle o pago dunha débeda. A secuestradora conseguíu fuxir polo tellado do edificio e detida horas despóis.

Segundo a información que trascendeu este mércores dia 24 de xuño a Garda Civil, e no marco dunha investigación por un presunto delito de tráfico de drogas nunha vivenda do Carballiño, tivo coñecemento que no domicilio encontrábase un home retido contrra a súa vontade, como se fose en arresto domiciliario, un feito detrás do que estarían outro home e unha muller, unha parella que esixía á nai do primeiro o pago de 500 euros para saldar unha débeda. Axentes da Unidade de Seguridade Cidadán da Garda Civil entraron no domicilio para liberar á persoa retida. Durante a intervención localizouse á…
Read More