Mes: junio 2026

Dña. Dolores Rodríguez Rodríguez (Viúva de Modesto Payo, natural de Seoane) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 87 anos. Fillos: Loli e Andrés. Fillos polílticos: Guido e Olaf. Netos: Ricky e Paola. Sobriñas: Maria Dolores e Elisa. Primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este mércores dia 24 de xuño ás cinco da tarde desde o tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (Sala nº 2) ata o Templo da Veracruz, onde se celebrará o funeral, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Posteriormente, procederáse á incineración na intimidade familar.
Read More
Aquí podes ver o “Tráiler” de “Lúas do Setembro” a película de Carlos Montes sobre a historia do Carballiño

Aquí podes ver o “Tráiler” de “Lúas do Setembro” a película de Carlos Montes sobre a historia do Carballiño

Trátase dunha longametraxe de 110 minutos de duración que, con entrada gratuíta, estrearáse este domingo dia 28 ás 8 da tarde no auditorio municipal do Carballiño, unha película -aquí tamén podes escoitar a entrevista a Carlos Montes- baseada en feitos reais. Unha película feita con IA e na que participan como actrices e actores medio cento de veciños e veciñas do Carballiño. https://www.youtube.com/watch?v=ZrldAtli5no
Read More
O Concello do Carballiño mobiliza 670.000 euros para obras e melloras en vías e servizos públicos, xardíns, infraestruturas e mantemento

O Concello do Carballiño mobiliza 670.000 euros para obras e melloras en vías e servizos públicos, xardíns, infraestruturas e mantemento

O pleno da corporación municipal carballiñesa ven de dar luz verde á modificación de crédito necesaria para mobilizar preto de 670.000 euros dirixidos a obras e melloras en vías e servizos públicos, xardíns, infraestruturas e edificios municipais. “Trátase de servizos e proxectos moi importantes para o noso concello dos que se beneficiará toda a nosa veciñanza”, resalta José Castro-Gil, alcalde en funcións do Carballiño. Entre outras actuacións, o investimento permitirá realizar reposicións de vías públicas, adecuación e mantemento dos xardíns, renovación de infraestruturas do Parque Municipal, adquisición de mobiliario urbano e melloras do edificio da Biblioteca, no plan de seguridade…
Read More

D. Andrés García Otero (Natural de Barro-Madarnás) -D.E.P.-

Faleceu en Casas Novas-San Fiz (San Amaro) aos 79 anos. Esposa: Concepción Vázquez Vázquez "Chita". Irmá: Benita García Otero. Irmáns políticos: José, Lourdes, Ricardo, Manuel e Maria del Carmen. Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o lúns dia 22 de xuño ás 6 da tarde, desde o velorio de San Amaro ata a igrexa parroquial de San Fiz de Navio-San Amaro, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O finado velaráse a partir das 4 da tarde do domingo dia 21…
Read More
Espazo Común desembarca no concello de Punxín coa vista posta nas eleccións municipais de 2027

Espazo Común desembarca no concello de Punxín coa vista posta nas eleccións municipais de 2027

O equipo, liderado por Iván Cuquejo, conta cun grupo de persoas que representan  a tódalas parroquias e a tódalas sensibilidades. Tivo lugar unha primeira xuntanza co presidente do partido, Pachi Vázquez, para por en marcha un proxecto que ilusione á veciñanza deste municipio. "Con moitas gañas de traballar polo noso pobo e pola nosa veciñanza. Punxín ten un enorme potencial e merece algo máis que as promesas baleiras dos políticos de sempre, os que xa tiveron a súa oportunidade, non fixeron nada e regresan unha e outra vez para seguir ofrecendo o mesmo. Nós vimos con ilusión, compromiso e gañas…
Read More
Os incendios forestais, o rural, e o incremento do prezo no recibo da auga no Carballiño, acaparan o dabate na Tertulia dos Venres

Os incendios forestais, o rural, e o incremento do prezo no recibo da auga no Carballiño, acaparan o dabate na Tertulia dos Venres

Sebas Lamazares, José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Gonzalo Rodríguez, protagonizan unha nova entrega da tertulia semanal de COPE O Carballiño. O incendio forestal desta semana en Boborás, a ordenación do rural ou a subida no prezo do recibo da auga tras a entrada en vigor do novo contrato do ciclo integral da auga no concello do Carballiño, acaparan unha hora de intenso debate.
Read More

D. Alfredo Muradás Muradás -D.E.P.-

Faleceu en O Carballiño aos 92 anos. Esposa: Genucha Gómez Janeiro. Fillas: Maribel e Mönica Muradás Gómez. Fillos políticos: Javier Ramos e Alejandro Tato. Netos: Sofia, Helena, Raquel e Adrián. Neto político: Iker. Irmás: Ofelia (+), Laura (+), María e Asunción. Irmáns políticos: Manuel (+), Celso (+), Paco, Francisco (+), Lola, Etelvino (+), Chola e Vicente. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o sábado día 20 as seis e media da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº2) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación…
Read More

1º Cabodano D. Arturo Campos Portabales. “Taxista xubilado do Carballiño” (Viúvo de Dña. Francisca Álvarez Iglesias) -D.E.P.-

Faleceu o día 20 de Maio en Vilela (Punxín) aos 76 anos. Fillas: Beatriz, Guadalupe e Eva Campos Álvarez. Fillos políticos: José Manuel Amarelle, José Ernesto Expósito e Jorge Cervantes. Netos: Álvaro, Anxo, Borja, Gonzalo, Alejo e Gael. Irmán: Bautista (+). Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 30 as sete da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Vilela. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano Dña. Concepción Rodríguez Fernández (Veciña de Prexigueiro -O Irixo-) -D.E.P.-

Faleceu o día 21 de Xuño de 2025 en Prexigueiro (O Irixo) aos 75 anos. Esposo: Juan Pousada Fariñas. Fillos: María Carmen e Marcos Pousada Rodríguez. Filla política: Pamela Liza Huerta. Netos: Julen, Eider e Marianne Pousada Liza. Irmáns: Tocho (+), Cesáreo (+), Carmen (+), Socorro (+), Josefa (+) e Manuel. Irmáns políticos: Teresa (+), Pepita (+), Pepe, Manolo, Antonio (+) e Carmen. Consogra: Yola Huerta. Sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 20 as seis da tarde na igrexa parroquial de San Julián de Parada de…
Read More

1º Cabodano D. José Benito Pérez Martínez -D.E.P.-

Falecido en Paredes-Leiro, o dia 19 de xuño de 2025 aos 91 anos. A súa esposa: Aurora Santiago Hermida. Fillos: Luis e Manuel Pérez Santiago. Fillas políticas: Maria del Carmen Janeiro e María Belén Godoy. netas: Alexia e Tania. Irmáns: Don Leopoldo (+) e Luisa (Relixiosa das Siervas de San José) Irmáns políticos: Lola, Genaro, Luisa (Ausente) e Rocco (Ausente) Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano que terá lugar o sábado dia 20 de xuño ás 7 da tarde, na igrexa parroquial de Santo Tomé de Serantes (Leiro) favores polos que…
Read More