Mes: junio 2026

Extinguido o incendio forestal na parroquia de Moreiras-Boborás, tras queimar 277,58 hectáreas

Extinguido o incendio forestal na parroquia de Moreiras-Boborás, tras queimar 277,58 hectáreas

Ás 23.24 horas de onte deuse por extinguido o incendio forestal do concello de Boborás, parroquia de Moreiras, no que tamén foi necesario declarar temporalmente a Situación 2 pola súa proximidade a núcleos de poboación, sendo o incendio de maior dimensión na comarca carballiñesa dos últimos anos. O lume comezou ás 21.55 horas do pasado sábado, día 13, e afectou finalmente unha superficie de 277,58 hectáreas, das cales 210,19 foron de monte arbolado e as 67,39 restantes corresponden a monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 38 axentes, 69 brigadas, 46 motobombas, 3 unidades técnicas…
Read More
O PSOE denuncia que “Xunta e Deputación chegan ao verán sen cumprir unha soa das medidas anunciadas tras a catástrofe dos incendios do ano pasado”

O PSOE denuncia que “Xunta e Deputación chegan ao verán sen cumprir unha soa das medidas anunciadas tras a catástrofe dos incendios do ano pasado”

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a falla de planificación da Xunta de Galicia en materia de prevención de incendios forestais, cando a provincia se atopa ás portas da época de máximo risco e os primeiros lumes da tempada xa son unha realidade, como o incendio rexistrado esta semana no concello de Boborás. O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, advirte de que “chega a calor e volve unha preocupación que coñecemos demasiado ben na provincia de Ourense como son os incendios forestais”. Neste senso, sinala que “os primeiros lumes son xa unha realidade e o incendio en…
Read More

Dña. Bertha Zoila Rodríguez Gómez (Natural de O Torrón e viúva de Ernesto Fernández González “Pache”) -D.E.P.-

Faleceu en Ourense aos 92 anos.Fillos: Ernesto (+), Lito (+), Alberto, Carmen Rosa (+), Manolo, Berta, Lucía e María. Fillos políticos: Manu e Roberto. Netos: Nano, Natalia, Andrea, Carla, Alberto, Nestor, Abraham e Salomé. Bisnetos: Daniel, Martiño e Adrián. Irmáns: Alberto (+) e José Rodríguez Gómez "Gogó". Netos políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 18 dende o Tanatorio As Burgas (sala nº5) -Ourense- ata a igrexa parroquial de San Roque de Señorín na que as seis menos cuarto da tarde celebraráse o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial.…
Read More

D. Benito Penedo Amaro (Natural de Frixe – San Juan de Froufe – O Irixo- ) – D.E.P.-

Faleceu en O Carballiño aos 89 anos. Esposa: Consuelo López Crespo. Fillos: José e María Jesús Penedo López. Filla política: María Bravo Bravo. Netos: Mikel, Ana e Nerea. Irmás políticas: Remedios Reinoso (viúva de Alfredo Penedo) e Ermitas Lousado (viúva de José López Crespo). Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración a a asistencia á conducción o mércores día 17 as seis e media da tarde dende Velatorios Veracruz Centro (O Carballiño) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Por expreso…
Read More
“Compartir, convivir e facer comunidade a través da nosa cultura”, O Carballiño acolle o festival “Ferreñas á feira”. Escoita aquí a Isidro Vidal.

“Compartir, convivir e facer comunidade a través da nosa cultura”, O Carballiño acolle o festival “Ferreñas á feira”. Escoita aquí a Isidro Vidal.

A programación consta de unha charlacoloquio o 19 de xuño no Espazo Ozoco con señoras de máis de 70 anos que nos contarán as súas vivencias e como se adentraron no mundo do canto e a pandeireta. O día 20 de xuño ás 7 da tarde será o gran concerto con tódolos grupos na Praza da Veracruz no que participarán 80 músicos, e ao remate a gran foliada na praza Juan Corral Pajariño. Ferreñas á feira é un proxecto comunitario e sociocultural da comarca do Carballiño que reúne a músicos e músicas da tradición galega arredor da ferreña como elemento…
Read More
A Deputación reafirma o seu compromiso co turismo de excelencia coa entrega de distintivos SICTED a 25 servizos en “Ourense Termal”, a maioria no Carballiño-Ribeiro

A Deputación reafirma o seu compromiso co turismo de excelencia coa entrega de distintivos SICTED a 25 servizos en “Ourense Termal”, a maioria no Carballiño-Ribeiro

O presidente provincial, Luis Menor, presidiu no Parque Municipal do Carballiño este acto de entrega no que tamén participou o xefe da área de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o tenente de alcalde do Carballiño, Pepe Castro; e a xerente do Inorde, Emma González. Na súa intervención, Luis Menor puxo en valor a importancia da cooperación público-privada para ofrecer “un destino de calidade certificado, sostible e respectuoso coa súa contorna” e comprometeuse  co tecido empresarial a continuar mobilizando recursos, facilitando ferramentas de formación, mellorando os espazos termais dos concellos e promocionando…
Read More

Bitcoin Casinos Guide How bitcoin casinos www.topbonussen.com work

IntroductionExploring bitcoin casinos www.topbonussen.com reveals how digital currencies reshape online betting. This guide explains what makes these platforms appealing, how they work, and what to watch for. Whether you are new to crypto gambling or a seasoned bettor, understanding the landscape around bitcoin casinos www.topbonussen.com helps you make informed choices.Core ConceptAt the heart of bitcoin casinos www.topbonussen.com is crypto payments, blockchain transparency, and provably fair gaming. Wallets, private keys, and crypto networks enable fast deposits and withdrawals, often with lower fees than traditional methods.Security and user control are central to the model, as players rely on their own wallets and…
Read More
Mellora a situación no incendio de Boborás, que xa acumula 240 hectáreas afectadas polo lume. Escoita aquí á alcaldesa Patricia Torres.

Mellora a situación no incendio de Boborás, que xa acumula 240 hectáreas afectadas polo lume. Escoita aquí á alcaldesa Patricia Torres.

O pior deste incendio que mantivo en vilo onte domingo á veciñanza da zona próxima ao lume, e non a poucos veciños en vela esta pasada noite, parece que xa vai pasando e conforme vai avanzando esta xornada de lúns o incendio comeza a estabilizarse. Os últimos datos dispoñibles xa recollen que son arredor das 240 hectáreas a superficie queimada desde que se orixinaba este lume ás 22 horas deste pasado sábado, ao parecer provocado por un raio da tormenta que con abundante aparato eléctrico descargou sobre a parroquia de Moreiras, neste concello de Boborás. Escoita aquí á alcaldesa do…
Read More

Dña. Otilia Rodríguez López (Viúva de José Benito Vázquez Galiño) -D.E.P.-

Faleceu en San Amaro aos 85 anos. Irmá: Carmen Rodríguez López. Irmáns políticos: Benito González e María Costas (Viúva de Aser) (ausente). Sobriños: Javier, Benita, Manuel e José. Demais sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o Luns día 15 as sete da tarde dende o velorio de San Ciprián de Lás (San Amaro) ata a igrexa parroquial de San Ciprián de Lás (San Amaro) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Fora de control o lume no incendio de Moreiras, que amenaza a Becoña, tras arrasar 200 hectáreas de monte e activarse o nivel 2 de risco

Fora de control o lume no incendio de Moreiras, que amenaza a Becoña, tras arrasar 200 hectáreas de monte e activarse o nivel 2 de risco

O incendio forestal declarado a primeira hora da noite deste pasado sábado nesta parroquia do concello de Boborás permanece fora de control, a pesar do amplo operativo que durante este domingo ven traballando na zona. A situación, lonxe de mellorar, emperou co avance da xornada, de tal maneira que a media tarde a Xunta decretou o nivel 2 de risco debido a proximidade do lume ao núcleo de Becoña. Durante a mañá a preocupación polo avance do lume estaba posta nos núcleos de Sonelle e A Fenteira, pola tarde os cámbios na dirección do vento fixo que o lume avanzase…
Read More