Mes: junio 2026

1º Cabodano D. José Álvarez Rodríguez -D.E.P.-

Falecido o dia 4 de xuño de 2025 aos 84 anos en A Veiga de Abaixo-Oseira. A súa esposa: Maria del Carmen Álvarez De Cabo. Fillos: Ramón e José Luis. Fillas políticas: Maria del Pilar e Digna. Netos: Giovani, Nuria, Sheila, Gabriel e Mélani. Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano a celebrarse este sábado dia 6 de xuño ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santa Maria A Real de Oseira-San Cristovo de Cea, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

D. Emilio Vázquez González (Milucho Bar San Mauro) “natural de Bagarelas-Santa Uxía de Lobás-O Carballiño-” -D.E.P.-

Faleceu en San Amaro aos 78 anos. Esposa: Carmen Domonte García. Fillos: Ana María, José Antonio e Silvia Vázquez Domonte. Fillo político: Javier Quintas Ferreño. Neta: Ainara Quintas Vázquez. Irmá: Sinda Vázquez González (Ausente). Irmáns políticos: Dorinda e Fina Domonte, Manuel Veloso e Adelina Rodríguez. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 5 as sete da tarde dende o velorio de San Amaro ata a igrexa parroquial de San Amaro na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de San Martiño de Beariz (San Amaro), favores polos que…
Read More
O Concello do Carballiño completa melloras na rede de sendeiros financiadas polo PSTD Ribeiro-O Carballiño

O Concello do Carballiño completa melloras na rede de sendeiros financiadas polo PSTD Ribeiro-O Carballiño

O Concello do Carballiño recibiu 61.272,24 euros do máis de medio millón do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Ribeiro Carballiño, desenvolvido no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU para mellorar a calidade de espazos turísticos, naturais e paisaxísticos. O orzamento total do Xeodestino repartiuse entre os 24 municipios integrados no PSTD Ribeiro Carballiño, o que permitiu financiar un total de 37 actuacións de recuperación de espazos degradados dos concellos. En particular, no Carballiño, a restauración e iluminación de dúas marquesiñas no Carballiño (incluíndo a retirada de sinais defectuosos)…
Read More

Dña. Argentina Gallardo Carneiro (Viúva de Hermesindo Rodríguez Alonso) -D.E.P.-

Faleceu en Fontemoreiras (Boborás) aos 97 anos. Fillos: José, Aurelio, Marina e María Luisa Rodríguez Gallardo. Fillos políticos: Dosinda Castro, Julia Cores, Eduardo Bernárdez e Francisco Rodríguez (+). Netos: María José, José Manuel, Eduardo, Ana Belén, Diego e Marcos. Netos políticos: Zahir, Marce, Nely, José e Tamara. Bisnetos: José Antonio, Nerea, José, Carla, Roy e Ainara. Irmáns políticos: Adela Varela, Eduardo Rodríguez, José Rodríguez (+), Domitila Rodríguez (+) e Visitación Rodríguez (+). Sobriños, primos e demais familia. Róganlles una oración e a asistencia á conducción o venres día 5 as oito da tarde dende Tanatorio Veracruz Parque Empresarial O Carballiño…
Read More

Dña. Carmen Vázquez Otero -D.E.P.-

Natural de Rubiás-Ourantes (Punxín) faleceu en Pontevedra aos 91 anos. Irmán político: Jesús Ramón González Vázquez. Sobriño: José Juan González Vázquez. Primos e demais familia. Rogánlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 3 de xuño as seis e media da tarde dende o Tanatorio de Funeraria Bello en Barbantes-Estación ata a igrexa parroquial de San Xoán de Ourantes (Punxín) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
A Xunta Colabora para protexer o castiñeiro de Surribas, no Irixo, incluído no catálogo de árbores senlleiras de Galicia

A Xunta Colabora para protexer o castiñeiro de Surribas, no Irixo, incluído no catálogo de árbores senlleiras de Galicia

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, desprazouse ao concello do Irixo, para visitar, acompañado da súa alcaldesa, Rosa María Dalama, e de representantes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Coto de Surribas, o Gran Castiñeiro de Surribas (Castanea sativa Mill); beneficiaria dunha achega de 3.250 euros ao abeiro da convocatoria anterior de axudas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático do ano 2025 destinada a sufragar diferentes tipos de intervencións para garantir a súa conservación. O delegado territorial salientou que con este tipo de achegas, a Xunta trata de facilitar a execución de actuacións de conservación,…
Read More
O PSdeG pídelle ao tenente alcalde Eladio Fernández que “deixe a política do micrófono e asuma as súas responsibilidades institucionais” no concello de Punxín

O PSdeG pídelle ao tenente alcalde Eladio Fernández que “deixe a política do micrófono e asuma as súas responsibilidades institucionais” no concello de Punxín

O PSdeG-PSOE de Punxín denuncia a ausencia “reiterada” do tenente de alcalde dos plenos ordinarios municipais, unha actitude que as e os socialistas consideran “unha falta de respecto á institución, á oposición e á veciñanza” e que impide exercer con normalidade a labor de control e fiscalización da acción de goberno. Desde o Grupo Municipal Socialista critican que o tenente de alcalde, Eladio Fernández, manteña unha intensa actividade mediática anunciando proxectos e iniciativas para o municipio mentres evita comparecer nos plenos para dar explicacións sobre o contido, a situación real ou a viabilidade desas actuacións. “Resulta difícil non pensar que…
Read More
Medio Rural e concello de Leiro avanzan no proxecto de polígono agroforestal de Barzamedelle, que rescata 145,6 hectáreas de terras abandonadas

Medio Rural e concello de Leiro avanzan no proxecto de polígono agroforestal de Barzamedelle, que rescata 145,6 hectáreas de terras abandonadas

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; comprobou hoxe o resultado dos traballos de roza que xa se realización en tres cuartas partes do polígono agroforestal de Barzamedelle, en Leiro, contribuíndo á prevención de incendios forestais. Alí, destacou os avances na súa tramitación, que actualmente está en fase de investigación dos propietarios das 183 parcelas que compoñen este polígono.   Neste sentido, sinalou que inste instrumento permitirá mobilizar 145,6 hectáreas que se atopan en estado de abandono ou infrautilización.…
Read More