O IES Nº 1 celebrará en outubro o 50 aniversario reunindo a un alumnado de varias xeracións do Carballiño e comarca. Escoita aquí a Almudena Mosquera e Ana Lousado.

En outubro de 1976 iniciaba a súa actividade docente o IES nº 1 do Carballiño, polo que neste ano de 2026 cumpriráse o 50 aniversario da súa inauguración, e con tal motivo xa está en marcha un programa de actividades que incluirá un acto central o sábado dia 17 de outubro ao que está invitado todo o alumnado, profesorado e persoal non docente que durante este medio século de vida formaron parte da histoira do centro.

Esa data terá lugar un acto conmemorativo no salón de actos do centro, seguido dunha comida de convivencia para a que está aberta a reserva, a través da páxina WEB do IES nº 1.

No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a Almudena Mosquera e Ana Lousado, que son na actualidade directora e vicedirectora do centro, respectivamente:

Compartir en: