Cerdeira, presidente local do PP e secretario de concello, sobre a situación do alcalde Fumega: “ningún cargo en España perde a condición de electo por unha incapacidade absoluta, o que non pode cobrar son dous salarios públicos”

José Antonio Cerdeira, que ademáis de exercer desde o pasado mes de maio como presidente local do PP no Carballiño é secretario da administración local, saíu ao paso da polémica susicitada en torno a situación do alcalde Paco Fumega, despóis de que o INSS recoñerálle unha incapacidade absoluta ao rexedor municipal.

Cerdeira entende que “a incapacidade absoluta non deixa de ser unha prestación da SS.SS. como unha pensión de xubilación, e o que hai que ver é se é ou non compatible cun cargo público, ningún cargo electo en España perde a condición de electo por unha incapacidade baixo ningún concepto, eso si, o que non se pode cobrar son dous salarios públicos, ten que elexir entre cobrar do concello ou cobrar do INSS”, subliñou.

Escoita aquí a entrevista con José Antonio Cerdeira en COPE O Carballiño:

Compartir en: