Matricidio na Granxa de Seoane: unha filla mata a súa nai mediante asfixia. A agresora foi detida pola Garda Civil

Os feitos terían acontecido esta pasada noite no lugar da Granxa, na carballiñesa parroquia de Seoane, nunha vivenda na que convivian nai e filla, de 82 e 39 anos de idade, respectivamente.

A presunta autora da morte, por asfixia, estivo deambulando durante varias horas polos camiños da contorna do lugar, ata que foi detida pola Garda Civil, que traballa na investigación para aclarar as circustancias que rodean este tráxico suceso.

A filla, que se autoinculpou antes os axentes da Garda Civil no momento da detención, foi trasladada para ser sometida a probas siquiátricas, mentres que á vitima vai practicarselle a autopsia para determinar as causas concretas da morte.

Compartir en: