O Pulpo Fest, a coñecida como Festa da Xuventude, é unha das citas máis esperadas da 64ª Festa do Pulpo do Carballiño por parte dos máis novos. Como é habitual, celebrarase durante a tarde do domingo, e nesta ocasión, presenta un cartel de luxo con 14 artistas de música urbana. A rapazada poderá desfrutar dunha programación de gran calidade, encabezada polo afamado DJ Ballesteros, referente en España e Europa na escena musical, e pola recoñecida discomóbil galega A Gramola.
O madrileño, que colabora con artistas internacionais como Chimbala, Lírico en la casa o Kiko el Crazy, fíxose un oco nos principais festivais e discotecas grazas ao seu estilo único e ao seu micro arrollador. Con 12 anos de traxectoria, Ballesteros será un dos pratos fortes da Festa da Xuventude, xunto coa discomóbil galega A Gramola.
Na cita musical tamén actúan Codeso, Saúl Gallego, Nico Batea, Diego Valeiras, Rivero, Aitor Alfonsín, Javii, Ivi Bralo, Dúo y Medio, Dris, Sergito, De Melo y Mencler. O evento, de acceso completamente gratuíto, conta cunha zona de food trucks.


