A pulpeira Silvia Baranda ou Dani Atanes, de Frigoríficos Arcos, entre os protagonistas deste programa no que tamén intervíu no plano institucional o alcalde en funcións no concello do Carballiño, Pepe Castro Gil.
Todo está preparado no Carballño para a fin de semana máis multitudinaria de todo o ano, na que se agarda a chegada de miles de visitantes. En marcha tamén o dispositivo de seguridade no que van participan 200 persoas para seguir tendo unha festa segura.
O sábado ás 11:30 horas terá lugar na casa do concello o acto institucional de benvida á representación do Cabildo de Lanzarote, a illa canaria á que se dedica este ano a festa do pulpo.
No programa festivo da fin de semana destaca para o sábado, desde as 18 horas en adiante a Festa das Camisetas, o concurso no que participan as peñas da festa do pulpo, será na Praza Maior, un evento que reunirá a unhas dúas mil persoas.
O domingo, 3 charangas animarán as rúas do Carballiño, mentres que no parque municipal actuarán ata 8 grupos de música tradicional. Feitizo de Pau, a Banda de Gaitas Os Catro Ventos, Feixoada e Os Serandeiros. As catro agrupacións tocarán de xeito itinerante repartidas polos diferentes espazos do Parque, amenizando tanto as tabernas como as zonas de comida de familias e amizades.
O entorno do palco da música do Parque acollerá o resto de concertos a partir das 12,30 horas. O espectáculo infantil da compañía Oviravai, “Paio e o poder da música”, inicia a programación cunha proposta dirixida ao público familiar. Pequenos e maiores acompañarán ao oso Aurelio e ao armadillo Armando nas súas divertidas aventuras, nas que descubrirán o poder da música e da amizade. Ás 14,00 horas será a quenda de Maianas, cinco pandereteiras e cantareiras de Ames que porán a bailar ao público co seu repertorio tradicional.
Despois do xantar, ás 15,30 horas, actuará o grupo Pataghulhos. Esta agrupación do Morrazo mestura instrumentos tradicionais como a gaita e o bombo con violíns e guitarras. O grupo Ardentía será o encargado de poñer o broche de ouro do Festival Folclórico a partir das 19,00 horas. A banda viguesa, que conta cunha longa traxectoria profesional, é unha das formacións máis destacadas do panorama da música tradicional galega.
Doutra parte, na finca das Barcias un total de 14 DJ animarán o Pulpo Fest a partir da tarde do domingo e ata a madrugada do lúns, mentres que na Praza Maior a orquestra Chanel actuará na verbena do pulpo


