A gran cantidade de choiva caída na madrugada e mañá deste domingo deixou o terreo de xogo moi perxudicado, sobre todo na primeira parte, e mellorando na segunda metade unha vez que deixou de chover. Un punto para cada equipo que premia o enorme esforzo que fixeron ambos na matinal deste domingo no estadio carballiñés.
No obstante, o estado de Espiñedo non impedíu ocasións ante ambas porterías para desnivelar o 0-0 que ao final do partido seguía aparecendo no marcador. De entrada, os lucenses parecía que ían levar o peso do partido, pero foi o Arenteiro que tivo as mellores ocasións no primeiro periodo, con varias xogadas a balón parado, incluído un gol anulado a Martín Lamelas por falta previa sobre un defensor visitante.
Na reanudación tamén saíu mellor o Arenteiro nun partido que pudo cambiar de guión se o árbitro pitase un penalti que non quixo ver cando Edu Ferreira foi derribado na área. Para o Villalbés tamén tivo unha boa ocasión Adri Castro, o futbolista que xogara no Arenteiro cedido polo Deportivo en Segunda RFEF.
Preme no enlace para abrir a cronica do partido en La Voz de Galicia:


