Día: 15 de noviembre de 2026

Os concellos do Carballiño e Leiro, premiados no certame “Vilas en Flor” 2026

Os concellos do Carballiño e Leiro, premiados no certame “Vilas en Flor” 2026

O Carballiño vén de recibir tres Flores de Honra na gala do programa "Vilas en Flor Galicia", un recoñecemento ao traballo de coidado e mantemento sostible dos espazos verdes. A concelleira de Benestar Comunitario, Rosa Fuentes e o concelleiro de cultura Diego Fernández foron os encargados de recibir o galardón "que pon en valor o gran esforzo realizado ao longo do último ano", destacan desde o concello carballiñés. No acto de entrega dos galardóns celebrado en Salceda de Caselas tamén foi premiado o concello de Leiro con dúas Flores de Honra, sendo o seu alcalde Francisco Fernández quen o recollía…
Read More
Arenteiro e Villalbés reparten puntos en Espiñedo

Arenteiro e Villalbés reparten puntos en Espiñedo

A gran cantidade de choiva caída na madrugada e mañá deste domingo deixou o terreo de xogo moi perxudicado, sobre todo na primeira parte, e mellorando na segunda metade unha vez que deixou de chover. Un punto para cada equipo que premia o enorme esforzo que fixeron ambos na matinal deste domingo no estadio carballiñés. No obstante, o estado de Espiñedo non impedíu ocasións ante ambas porterías para desnivelar o 0-0 que ao final do partido seguía aparecendo no marcador. De entrada, os lucenses parecía que ían levar o peso do partido, pero foi o Arenteiro que tivo as mellores…
Read More